A Sala Bahía, de Foz, acolle este domingo 11 de outubro, ás 12.00 horas, un encontro co programa de dinamización lingüística Axóuxeres, unha cita concibida como unha festa da música, dos xogos e da palabra. A ela están invitados os nenos de entre 0 a 6 anos, que precisan inscribirse antes no teléfono 697 36 30 89 en horario de 10.00 a 13.00 horas. A entrada é de balde ata completar o aforo da sala. O evento forma parte do programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística, da Xunta de Galicia.
Axóuxeres en Foz
Axóuxeres en Foz
Relacionado
-
A interiorista coruñesa Adriana Janeiro instalou recentemente o seu estudo en Ribadeo co obxectivo de atender a clientes de diferentes lugares de Galicia e Asturias
-
A Garda Civil imputa en calidade de investigados a dous condutores sen permiso de conducir no termo de Lourenzá
-
Este venres comeza unha nova edición da Ruta de Pinchos do Vicedo