O ictus é a principal causa do dano cerebral adquirido. Está detrás do 78% dos casos desta discapacidade, que afecta a unhas 35.000 persoas en Galicia. Así como toda a cidadanía é consciente de que unha dor no peito pode ser un aviso de infarto de miocardio, existe un enorme descoñecemento dos síntomas de alarma do ictus. Por ese motivo a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE), co apoio da Deputación da Coruña e coa colaboración das asociacións de dano cerebral da Coruña (ADACECO) e de Compostela (Sarela), decidiu desenvolver unha campaña de prevención do ictus centrada na identificación dos seus síntomas de alarma.
A campaña desenvólvese nas áreas sanitarias da Coruña e Santiago, coa distribución de 600 carteis e 8.000 folletos en hospitais, centros de saúde e locais socioculturais municipais. Estes documentos gráficos explican o que é o ictus; describen, acompañados de ilustracións, os seus síntomas de alarma; e insisten na necesidade de chamar canto antes a emerxencias (112) no caso de que se identifiquen.
Para dar a coñecer de maneira máis ampla a campaña perante os medios de comunicación, FEGADACE convoca dous actos de presentación nas dúas sedes principais. A primeira delas será en Santiago o mércores, 14 de outubro (12:00 na Casa das Asociacións de Benestar Social), e contará coa presenza de representantes de FEGADACE, da Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela, da Sociedade Galega de Neuroloxía e da Deputación da Coruña. Ademais, proxectarase un breve vídeo elaborado por FEGADACE no que se afonda na prevención do ictus.
O segundo acto de presentación vai ter lugar na Coruña o venres 16 de outubro (12:00 no Centro Cívico Cidade Vella); nel van intervir membros de FEGADACE, da Asociación de Dano Cerebral da Coruña (ADACECO) e da Deputación provincial, ademais de proxectar o mesmo vídeo sobre o ictus.
29 de outubro: Día Mundial do Ictus
A actividade central desta campaña vai coincidir coa conmemoración do Día Mundial do Ictus, o xoves 29 de outubro. FEGADACE colocará dúas mesas informativas nos complexos hospitalarios universitarios da Coruña e de Santiago, e pasará a mañá informando e sensibilizando á poboación sobre o ictus, os seus síntomas de alarma, os seus factores de risco, e sobre como axudar a previr esta doenza.
As mesas informativas contarán coa colaboración de persoas usuarias de Sarela e de ADACECO que teñen dano cerebral causado por un ictus, e coincidirán cos actos da Sociedade Galega de Neuroloxía, que se suma á campaña de prevención do ictus no seu día mundial.
Ictus, a importancia de actuar canto antes
O ictus, tamén chamado accidente cerebrovascular (ACV), infarto cerebral ou apoplexía, é un trastorno brusco da circulación cerebral que altera a función dunha determinada rexión do cerebro. Pode ser isquémico (interrupción do subministro sanguíneo pola formación dun trombo) ou hemorráxico (pola rotura dun vaso). O ictus é a principal causa de discapacidade adquirida, o primeiro factor de mortalidade nas mulleres e o segundo nos homes.
Cando se produce un ictus, o tratamento debe ser administrado canto antes para minimizar o dano. Os neurólogos sinalan que as primeiras catro horas son cruciais para reducir o impacto do ictus e minimizar as súas secuelas. Superada a primeira fase de atención de emerxencia, e cando as secuelas se cronifican e/ou fan permanentes, falamos de que a persoa ten dano cerebral adquirido.
O obxectivo da campaña ‘Ictus, a principal causa do dano cerebral’ é trasladar á poboación unha mensaxe moi clara e esquemática que faga a cada persoa interiorizar os síntomas de alarma desta doenza para ser quen de identificalos de maneira automática se os percibe en alguén ou en si mesma, de maneira que poida chamar canto antes ao servizo de emerxencias (o teléfono 112). Os síntomas de alarma son os seguintes:
-dor de cabeza aguda e repentina
– dificultade na fala ou para comprender
– parálise lateral repentina.


















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



