Lugo, 7 de novembro de 2015.- A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, desprazouse este mércores a Xove para constatar in situ o desenvolvemento dos cursos de formación para desempregados que está a impartir a asociación Cogami e que están financiados pola administración autonómica.
En concreto, a delegada, xunto co rexedor Demetrio Salgueiro, visitou aos 13 alumnos que están a participar no curso de Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos, aínda que este colectivo está a impartir tamén outro de Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais. A Xunta, a través do seu programa de Accións Formativas para Desempregados (AFD), subvenciona ambos con algo máis de 66.000 euros.
“O obxectivo destes cursos de formación é a reorientación da traxectoria profesional das persoas que neste momento non teñen traballo co fin último de que dispoñan de máis opcións para integrarse no mercado laboral”, segundo explicou Arias.
A delegada territorial tamén indicou que coa visita a Cogami quería poñer en valor o papel que xogan os axentes sociais, tanto as organizacións empresariais coma as áreas de formación dos sindicatos ou as propias entidades sociais coma Cogami, na promoción destas accións porque, segundo dixo, “os cursos que imparten están encamiñados precisamente a cubrir as cualificacións máis demandadas polas empresas”. Por elo, na súa opinión, “están a desenvolver un papel fundamental na labor de formar e facilitar o acceso ao emprego a moitos lucenses”.
Na comarca da Mariña estanse a impartir un total de 22 cursos ao abeiro abeiro das ordes AFD, dos que poden beneficiarse máis de 300 traballadores desempregados. Unha decena deles están promovidos polos concellos (cinco polo de Burela; dous polo de Xove; outros dous polo de Cervo e un polo do Vicedo); seis están impulsados por empresas e os catro restantes promoveos a Xunta directamente a través do Centro Ocupacional co que conta en Viveiro. A programación complétase cos dous cursos xa citados de Cogami.
Instalación de mobles, marketing e compraventa internacional; montaxe e mantemento de instalación solares; transporte sanitario; promoción turística local e información ao visitante, xunto con dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil, socorrismo en espazos acuáticos naturais ou operación auxiliares de servizos administrativos e xerais, son algún dos contidos sobre os que versan. Ainda que Atención sociosanitaria a persoas dependentes en instalacións sociais é un dos cursos máis demandados, sobre todo por parte das administración locais.
Raquel Arias salientou o esforzo inversor que a Administración autonómica está a realizar na posta en marcha no programa AFD, ao tempo que recalcou que “a reciclaxe ou a preparación en novas materias ou ámbitos laborais é fundamental para aproveitar nas mellores condicións posibles as oportunidades que xurden no mercado laboral”. Neste contexto, a delegada territorial animou aos traballadores que neste momento carecen dun posto de traballo a que “aproveiten todas as oportunidades que lles abre a Xunta para mellorar o seu curriculum”.
Importante esforzo inversor
Na provincia de Lugo estanse a impartir ao abeiro do programa de Accións Formativas para Desempregados nas tres liñas existentes, segundo os promotores sexan concellos, entidades sen ánimo de lucro ou empresas, 123 cursos, que supoñen un investimento global de 5,3 millóns de euros.
O contido dos cursos ofertados, dos que poden beneficiarse preto de 2.000 persoas desempregadas en toda a provincia, é moi variado, tanto en contido como en duración, posto que van dende as 38 ás 828 horas.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



