Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2015.- O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, criticou que este mércores o responsable de Portos de Galicia confirmara, en resposta a unha pregunta socialista na Comisión de Pesca, o retraso sine die do dragado do Porto de Foz e o aumento en 40 amarres. O deputado socialista denunciou o “dobre engano do goberno galego”.
O responsable de Portos confirmou este mércores que o dragado da dársena non se executará en 2015, e “tampouco puxo data para realizar a actuación no ano 2016”. O goberno galego amparouse, lamentou, nunha “escusa” sobre a inexistencia dun punto de vertido para depositar o material dragado, mentres o aumento dos amarres aínda está “en fase de estudo e sen data para a súa execución”.
Unha vez mais, dixo Val, “o goberno galego engana aos usuarios do porto e non asume os seus compromisos”. Explicou que o proxecto de reordenación do espazo portuario foi presentado hai case catro anos polo PP como proxecto estrela, “cunha serie de propostas para chamar a atención dos veciños e veciñas que a día de hoxe segue sen terse encetado”.
Polo camiño, sinalou, o goberno galego contratou un estudo estéril para poñer 500 novos amarres a través dun mecanismo de estacas para conter a area, que custou 70.000 euros e evidenciou que a idea era unha “utopía imposible de realizar”. Ademais, despilfarraron 380.000 euros nun dragado de urxencia das canles de acceso que non serviu mais que para desfacer unha zona pública e danar as vías de saída do porto”.
Este dispendio foi “invalidado por vostedes mesmos cando dez meses despois contrataron un novo dragado por outros 400.000 euros que tivo practicamente o mesmo resultado que o anterior”, ademais de outras actuacións como a pasarela da dársena sur que “non era unha prioridade nin unha demanda dos veciños e veciñas”.


















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



