Santiago, 11 de outubro de 2015.- A Consellería de Sanidade destaca a necesidade de manter precaucións á hora de recoller e consumir cogomelos silvestres para evitar así posibles intoxicacións alimentarias. A Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública lembra que, se ben existen en Galicia especies de cogomelos comestibles moi apreciadas na gastronomía, tamén hai outras que son tóxicas e mesmo moi tóxicas, e poden chegar a resultar mortais, polo que saber distinguir os cogomelos antes de comelos é fundamental.
No apartado Innovación e Xestión da Saúde Pública –no subapartado Seguridade alimentaria- da páxina web do Servizo Galego de Saúde (http://www.sergas.es/) ofrécese información aos cidadáns sobre como previr as intoxicacións.
Ante a dúbida á hora de identificar un cogomelo é mellor non recollelo. Polo tanto, as persoas inexpertas deben apañar os cogomelos acompañados dun experto ou consultar con algún antes de consumilos. Ademais, hai que procurar non mesturar as especies no mesmo cesto; non recollelos despois de grandes choivas ou días de moita auga, xa que isto pode modificar as súas características e dificultar a súa identificación; e non transportalos en recipientes pechados ou bolsas plásticas, para evitar que fermenten.
Os cogomelos recollidos deben consumirse o máis pronto posible, non en grandes cantidades –debido a que o seu alto contido en celulosa, en xeral, fainos indixestos- e sempre cociñados. Así mesmo, débese gardar un exemplar no frigorífico, xa que pode ser de utilidade para os médicos en caso de intoxicación.
Síntomas de intoxicación e medidas a adoptar
As intoxicacións por cogomelos poden presentar cadros moi variados, pero se pode falar de dous grupos xerais. No primeiro grupo, entre tres e catro horas despois de comelos aparecen síntomas de carácter dixestivo, náuseas, vómitos, diarrea e dor de barriga, xunto con alteración nerviosa, máis ou menos intensa, sensación de mareo, confusión, alteracións visuais ou cambras. Polo xeral adoitan a ser de escasa gravidade e moi poucas veces poñen en perigo a vida das persoas intoxicadas.
Doutra banda, no segundo grupo os síntomas aparecen logo de oito ou dez horas -ou mesmo días- despois de comer os cogomelos e son similares aos anteriores, pero poden resultar gravemente danados os riles e o fígado cunha grande afectación do estado xeral da persoa. Estas intoxicacións si poden causar a morte.
Ante calquera destas intoxicacións, a persoa afectada debe acudir ao centro sanitario máis próximo e comunicarlle ao profesional médico a súa sospeita; darlle ao especialista información sobre o tipo de cogomelo; se é posible levar unha mostra do cogomelo consumido cociñado ou non -para identificar correctamente a especie consumida-; informar do lugar onde foron recollidos; e indicar se varias persoas os comeron xuntas, xa que será preciso contactar con elas para saber se teñen os mesmos síntomas.
Por último, dende a Consellería de Sanidade apélase a non facer caso de falsas normas ou tradicións sobre o recoñecemento de cogomelos que non teñen base científica, como que son comestibles todos os que crecen na madeira ou no prado, os que aparecen roídos por animais salvaxes ou os que cheiran ben ou teñen cores agradables, porque todas estas crenzas son erróneas.























O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



