BURELA (FNC) .- A exposición fotográfica Lembranzas do mar queda definitivamente instalada no peirao de Burela, segundo ven de anunciar a concelleira Remedios López Villar.
A responsable de Mar manifesta que “a exposición é unha homenaxe que a Concellaría de Mar adicou a todas aquelas xentes que axudaron e participaron de distintas formas a que Burela saíra a diante e fora coñecida, a través da historia, pola súa tradición mariñeira de pesca artesán de gran calidade”. Remedios López lembra que “esta exposición ubicada ao aire libre na praza do Concello, foi inaugurada o 24 de maio do 2008 polo aquel entonces presidente de Portos de Galicia, Jacinto Parga Fernandez. Estaba previsto mantela un mes para que fose visitada polos veciños de Burela durante as festas patronais, pero debido á grande acollida que tivo seguiu alí durante todo o verán e recolléuse a finais de setembro porque as inclemencias metereolóxicas deterioraron os paneis e agora unha vez restaurada ubícase de forma definitiva no peirao de Burela”.
A edil socialista sinala que “esta exposición Lembranzas do mar consta de 45 paneis de 1×1,5 m que relatan a través de fotos cómo era o porto nun principio e como foi medrando, hai imaxes da pesca, dos barcos, das xentes do mar, redeiras, imaxes de actividades paralelas á pesca como a do transporte de caolín, transporte da madeira, de bobinas de mercante, imaxes de procesións, de afundimentos, de botaduras…”. Remedios López engade que dita exposición é posible “grazas ó arquivo fotográfico da Concellaría do Mar e ó tamén arquivo fotográfico que ceden de forma altruista o colectivo Buril e o IES Monte Castelo”.
A concelleira de Mar manifesta que “se está a traballar noutra exposición deste tipo. O arquivo fotográfico permanece aberto e todas aquelas persoas que teñan fotos antigas relacionadas co mundo do mar e queiran velas expostas na próxima exposición poderán traelas ó Concello onde lle faremos unha copia e devolveremos intactos os orixinais”.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



