A Mariña, 14 de outubro de 2015. O Colectivo de Emigrantes Retornados da Mariña mobilizarase coas outras 17 plataformas de emigrantes retornados e o colectivo “Long Hope” de traballadoreas e traballadores embarcados en buques de bandeira norueguesa cuxo estado, co silencia cómplice do español, non recoñece os anos de cotización traballados alí. A manifestación sairá ás 11:30 da Praza do Obradoiro para rematar diante do Parlamento Galego ao tempo que se celebra o debate sobre o estado da comunidade. Aquelas persoas que teñan interese en asistir poden coller o bus ás 08.30 horas diante do concello de Foz, ás 8:45 na estación de bus de Burela e ás 09.00 horas na de Viveiro.
O colectivo mariñao denuncia que a pesar do triunfo logrado tras dous anos de mobilizacións para que Facenda devolva os intereses e xuros reclamados inxustamente, “non todas as persoas afectadas cobraron esas devolucións tres meses e medio despois de rematar o período impositivo, e de obrigarnos a solicitalas ao negarnos a devolución de oficio unha vez recoñecido polo propio Ministerio de Facenda o asalto inxusto aos nosos aforros”.
As Plataformas de Emigrantes Retornados seguimos reclamando a modificación da Lei 35/2013 nos aspectos que afectan ao trato inxusto que recibimos despois de anos de traballo fora da nosa terra: por vernos obrigadas e obrigados a emigrar e agora percibir mais dunha pensión, na maioría dos casos pequenas, temos que declarar e pagar a partir dos 11.200 euros de ingresos anuais mentres aqueles pensionistas que non emigraron non presentan declaración ate chegar ao tope dos 22.000 euros anuais.
“Primeiro tratáronnos como delincuentes, despois dunha forte presión nas rúas aceptaron devolvernos os xuros e intereses cobrados inxustamente, pero seguen asaltando os nosos aforros ao negarse a equiparar o pago do IRPF independentemente de si temos un ou varios pagadores, o mesmo que fan coas persoas en activo que por desgraza non teñen un trabalo estábel”, afirmaron.
As Plataformas de Emigrantes Retornados xunto co colectivo “Long Hope” que traballaron en Noruega presentaremos escritos dirixidos aos Presidente do Goberno Galego e aos grupos con representación na cámara, unha proposta de resolución para a súa votación “reclamando o apoio do Parlamento Galego á vista do desleixo e a falta de apoio do goberno do Estado que segue mirando cara outro lado, saqueando as nosas pensións e impedindo o cambio da lei para facela mais xusta e poñer fin a esta penosa situación que está amargando a nosa vellez”.






















A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.



