A Mariña, 14 de outubro de 2015.- A Mariña Federación pon en marcha unha nova campaña promocional, que consiste no sorteo de 12.000 euros en vales de compra entre os clientes dos establecementos asociados, que poderán conseguir as rifas desde este xoves 15 de outubro ata o 30 de novembro. Foi presentada este mércores ante os medios de comunicación no salón de actos do Cenima, de Foz.
Sortearanse seis vales de compra de 2.000 euros, un por cada asociación de empresarios que forma parte da Federación de Comercio da Mariña, que son as de Burela, Foz, O Vicedo, Ribadeo, Viveiro e Xove. O sorteo realizarase ante notario o 1 de decembro. En caso de quedar deserto algún premio doarase a algunha entidade que decidirá a xunta directiva da Federación de Comercio da Mariña.
Para esta campaña promocional A Mariña Federación conta coa colaboración da Dirección Xeral de Comercio, da Consellería de Economía e Industria, da Xunta de Galicia. Durante a presentación o presidente da Federación de Comercio da Mariña, Ramón Leivas, sinalou que “hoxe presentamos unha nova campaña da Federación de Comercio da Mariña, en colaboración con todos os nosos asociados. Queremos facela un pouco máis dinámica e curta que o ano pasado, porque vai durar desde o 15 de outubro ao 30 de novembro, para que a principios de decembro todos os agraciados poidan gozar deses premios, desas 12.000 razóns para comprar nos comercios asociados á Federación da Mariña”. Leivas dixo estar “realmente satisfeito pola colaboración de todas as ACIAS que forman esta asociación. Grazas ao esforzo delas e ao noso podemos presentar por segundo ano consecutivo uns premios de 12.000 euros para toda A Mariña para aqueles que compren nos comercios asociados á Federación”.
Xunto a Ramón Leivas compareceron o secretario do colectivo, José Carlos Paleo, e o tesorero, Ángel Vázquez, acompañados de representantes das Acias que participan na campaña.






















A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



