Ribadeo, 14 de outubro de 2015.- O alcalde, Fernando Suárez, valora de xeito positivo que Ence siga a exportar a pasta de papel desde o porto comercial de Ribadeo.
O rexedor declaraba este MÉRCORES Ó mediodía: “eu como alcalde e sen ánimo de ningunha controversia, dicir que valoro positivamente esa noticia. Máis alá de que eu sexa alcalde de Ribadeo e queira o mellor para o meu pobo, que haxa traballo… se eu fose empresario deste sector evidentemente querería optimizar as calidades do produto que ofrezo e minimizar os custos de transporte do mesmo, e iso só se dá sacando a pasta de papel polo porto comercial de Ribadeo, e non só polas tarifas portuarias, que son e seguen sendo moi atractivas, senón tamén pola mínima e imprescindible manipulación mecánica desta parta de papel, é dicir, unha pasta que vai dende a fábrica á bodega do barco, cunha breve viaxe en camión polo medio”.
Suárez Barcia fixo fincapé nas idóneas condicións do porto ribadense: “ademais, pola limpeza do porto comercial. É un porto limpo, limpo doutras materias no aire, que poden estar en suspensión, a diferenza do que ocorre noutros portos. E ao mesmo tempo porque o porto de Ribadeo pode perfectamente tratar todas esas miles de toneladas que trata e máis que houbera. Ten a capacidade sobrada e suficiente de tratar o que hai e máis que houbera”. E engadiu: “polo tanto e aínda que o porto comercial de Ribadeo deba estar sempre en mellora continua, en mellora permanente, é unha moi boa noticia para Ribadeo e para os sectores que traballan no porto comercial. E ao mesmo tempo, como non, foi unha previsible decisión empresarial de optimización de recursos e de atopar solucións eficientes ao seu traballo”.






















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



