Lugo, 15 de outubro de 2015.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, asinou este xoves o chamado “pago de nómina independente” coa que se aboará esta mesma semana a todos os traballadores do organismo provincial un 26,25% máis da paga extra retirada hai tres anos polo Goberno Central de Rajoy a través do Real Decreto Lei 20/2012. Con este pagamento, o organismo provincial suma unha devolución superior ao 50 % da paga extra.
A Deputación cumpre así o compromiso adquirido polo goberno de Gómez Besteiro no ano 2012, cando se aprobou en Pleno, co voto en contra do Partido Popular, buscar alternativas e formulas para protexer no posible, sen incorrer en ilegalidades ou fraudes de lei, os dereitos adquiridos dos empregados da administración pública.
Cómpre salientar que a vontade de Campos Conde é aboar o 100 % desta paga, sempre e cando a normativa do Estado o permita.