Unha recente sentenza da Audiencia Nacional ratificou a prohibición de plantar E. nitens nunha parcela asturiana como pretendía ENCE. A peritaxe científica foi demoledora: esta especie ten forte carácter invasor e é un risco para a biodiversidade.
Unha sentenza histórica contra o eucalipto que senta xurisprudencia
A filial de ENCE en Asturies, CEASA, recorríu en contencioso perante a decisión do Ministerio de denegar unha plantación con Eucalyptus nitens en terreos do dominio público marítimo-terrestre outorgados á pasteira. A Audiencia Nacional fallou finalmente a favor da administración e contra os intereses da celulosa baseándose nun informe do Comité Científico de flora e fauna silvestres do Ministerio que non deixaba lugar a dúbidas:
“El cultivo en nuestro territorio de la especie exótica Eucalyptus nitens para plantaciones, se considera muy peligroso debido al carácter invasor…”
“…concluimos que E. nitens es una especie exótica naturalizada y en expansión, con alto riesgo de invasión y muy peligrosa para el mantenimiento de la biodiversidad y la funcionalidad de los ecosistemas.”
As recomendacións do Comité Científico citadas expresamente nos fundamentos da sentenza foron tamén moi claras:
“El Comité Científico recomienda en relación a la consulta CC 0172012, no permitir la plantación de E. nitens (…) por considerarla especie exótica naturalizada, muy peligrosa por su carácter invasor y por su potencial capacidad para transformar el medio y bloquear el ecosistema”.
A imparábel extensión do E. nitens perante a pasividade da Xunta
En Galiza, as plantacións de E. nitens son cada vez máis frecuentes, chegando a espazos antes vetados para o E. globulus, dada a maior resistencia do primeiro a climas fríos. Xa non é unha rara excepción atoparmos plantacións de eucaliptos (E. nitens, obviamente) en áreas do interior de Lugo e Ourense e zonas altas de Pontevedra, nas que o E. globulus non se desenvolve ben.
E isto está a acontecer perante os fuciños da Xunta, que anda enleada coa reforma do Plano Forestal de 1993, para, entre outras cousas, consolidar a actual estensión do E. globulus, regulamentar o E. nitens, estender a biomasa e abrirlle a porta aos cultivos enerxéticos. Isto é o que dende a Alianza Rural (ADEGA, CIG, FRUGA e ORGACCMM) tiramos da documentación -enquisas- que dentro do proceso de participación pública, Medio Rural está a fornecer aos membros do Consello Forestal.
Preguntas tais como “Considera novamente E. globulus como especie subvencionable, en aras a reducir o emprego de E. nitens en áreas tradicionais de plantación de E. globulus?” ou “En estacións propensas, considera necesario relanzar as repoboacións de E. globulus en detrimento do E. nitens?”, que acadan unha importante aceptación unidas á valoración positiva que se fai da biomasa como “oportunidade de negocio para o sector”, deixan entrever cara onde quere a Xunta que vaia este novo Plano Forestal: redoblar a aposta polo eucalipto, diferenciando as especies por territorios e usos: o E. globulus seguirá a ocupar as zonas costeiras e de baixa altitude, deixando o E. nitens para o interior e zonas frías. Pola súa escasa capacidade de reebrote, o E. nitens usarase preferentemente para madeira (turnos de 25-35 anos) e pasta (10-15 anos), mentres que o E. globulus valerá tamén para biomasa combustíbel (5-6 anos), aliás de para pasta e taboleiro.
Unha guía de actuación para as administracións: evitar a extensión do E. nitens
Tendo en conta as consideracións do ditame do Comité Científico ministerial e as recomendacións do Convenio de Nacións Unidas sobre a Diversidade Biolóxica, ratificado por España en 1993, que no seu artigo 8.h estabelece que “cada Parte Contratante, na medida das súas posibilidades, impedirá que se introduzan, controlará, ou erradicará as especies exóticas que ameacen os ecosistemas, os hábitats ou as especies”, dende a Alianza Rural Galega (ADEGA, CIG, FRUGA e ORGACCMM) demandamos da Xunta e Ministerio:
-A prohibición das plantacións de E. nitens en terreos de dominio público (costas, hidráulico…) por ser contraria ao interese público (sentenza 300/2015 da Audiencia nacional).
-A prohibición das plantacións de E. nitens na Rede Galega de Espazos Protexidos, por poñer en perigo o mantemento da biodiversidade e a funcionalidade dos ecosistemas.
-A non autorización das plantacións de E. nitens naqueles espazos nos que polas súas características ecolóxicas (bosques de ribeira, paisaxes en mosaico, turbeiras, bosques caducifolios, matogueiras húmidas, etc.) o carácter invasor do E. nitens pode poñer en perigo a biodiversidade e os usos ecosistémicos.
-A criazón, en base ás competencias do Estatuto de Galiza e con carácter urxente, dun Catálogo Galego de Especies Exóticas e Invasoras no que entre outras especies, debería estar incluido o E. nitens, para artellar as necesarias medidas de prevención e erradicación desta especie invasora.


















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



