Burela, 16 de outubro de 2015. A Asociación Cultural Os Trocos representará este sábado, 17 de outubro, na Casa da Cultura de Burela, ás 20.00 horas, a obra Almacéns Nova Chaira, unha peza ambientada a finais dos anos 50 na chaira lucense. A representación forma parte do programa Buxiganga. Proxecto Teatral 2015, que a Área de Cultura da Deputación achega aos municipios da provincia. En Burela inclúese no ciclo de Teatro de Outono da Delegación de Cultura. A entrada é gratuíta.
Almacéns Nova Chaira conta a historia dun negocio que é moito máis que un traballo para xefes e empregados que abren as portas das súas ilusións e decepcións en cada función. Leas de saias, débedas e moitos segredos mal silenciados conviven baixo este pazo das compras onde se satisfan todos os caprichos, ata os máis íntimos.
A Asociación Cultural Os Trocos dedícase ao estudo, recuperación e promoción da cultura e tradicións, así como ao desenvolvemento cultural e artístico das tradicións da comarca da Terra Chá. Até o momento participou nas comparsas do Entroido por diversos municipios da provincia e levou varios premios pola súa orixinalidade nos desfiles. O grupo de teatro Os Trocos nace ao aveiro da Escola de Teatro Municipal de Castro de Rei no ano 2012. Dende entón participan de xeito activo no programa Buxiganga, ao que se presentaron no 2013 coa peza Falamos de cartos. Ademais, participaron na Mostra de Teatro Cómica da Vila de Sarria coa obra Camping Gas.
Os Trocos xa estiveron este verán en Burela representando unha obra na praia do Portelo, que tivo moito éxito.





















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



