O Valadouro, 16 de outubro de 2015.- O día 24 de outubro ás 20:00 horas, continúa o ciclo de conferencias sobre a loita antifascista na Galiza que se están a celebrar no salón de actos do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” do Concello de O Valadouro. Nesta ocasión vaise proxectar o documental “O Piloto” de José Reigosa. Un documental que conta a historia de José Castro, o último Guerrilleiro morto pola Garda Civil alá polo ano 1965. Para abrir o cineforum contarase co propio guionista do traballo; José Reigosa. A cita será ás 20:00h con entrada de balde na Casa da Cultura de O Valadouro.





















Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



