Bruxelas, 19 de outubro de 2015.- A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, accederá este martes por segunda vez á sala de documentación confidencial da Asociación Transatlántica de Comercio e Inversión (ACTI), tratado de liberalización comercial máis coñecido pola súas siglas en inglés, TTIP.
Segundo o protocolo habitual, contará con dúas horas para revisar os documentos dispoñíbeis, neste caso en horario de 9.00hrs. a 11.00hrs., na sala habilitada a tales efectos na cuarta planta do edificio Paul-Henri Spaak do Parlamento Europeo en Bruxelas.
Senra solicitou consultar especificamente aquela documentación relacionada cas negociacións entre a Unión Europea e os Estados Unidos en materia de agricultura.