A Mariña, 20 de outubro de 2015. Do 30 de outubro ao 28 de novembro terá lugar a cuarta edición do Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Municipios da Mariña lucense en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, da Xunta. Son 20 os restaurantes participantes nesta iniciativa, que ano tras ano colleita máis éxitos e se consolida entre as propostas do outono na comarca. E tres son os magos: Teto, Rafa e Charly, que achegarán os seus trucos a aquelas persoas que acudan a gozar dos menús máxicos preparados polos locais que se suman ao Mes da Maxia.
O 30 de outubro o Mes da Maxia dará comezo en Casa do Fidalgo, de A Pontenova, e Casa Damián, de Foz. O 31 de outubro haberá menú máxico e actuación en Casa Franco, de Alfoz, e no hotel Vila do Val, en Ferreira do Valadouro.
O Mes da Maxia seguirá en novembro o día 6 en A Parrillada de Jandro, de Burela, e en O Asador, de Viveiro. O día 7 no Parador de Turismo de Ribadeo e en O Noso Lar, en Cervo. O día 13 os que o desexen poderán acudir ao restaurante Río de Oro, de Cervo, e á Yenka, en Barreiros; e o día 14 ao mesón A Garita, de Ourol, ou ao hotel O Cabazo, de Ribadeo. O Mes da Maxia chegará o 20 de novembro a Buenavista, en Cervo, e a As Sirenas, en Viveiro; e o día 21 a Casa da Penela, en Mondoñedo, e a Area Grande, en O Vicedo. O Mes da Maxia pechará a última fin de semana de novembro, con actuación o día 27 en Casa Pepe-O Piano, en Ribadeo, e en Mis en Plas, en Burela; e o día 28 en O Almacén, en Cervo, e en Finca Galea, en Alfoz.
O prezo dos menús máxicos mais actuación é de 25 euros por persoa. O calendario de actuacións pode consultarse na páxina web: www.mesdamaxia.com. As reservas poden facerse directamente nos restaurantes participantes, como mínimo, con 24 horas de antelación.
O Mes da Maxia conta co patrocinio de Pazo do Mar e de Distribuciones Carreiras.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.