Lugo, 22 de outubro de 2015.- Os Orzamentos da Xunta de Galicia para 2016 demostran os 7 anos perdidos na Mariña polo goberno fracasado de Feijóo. Así o remarcaron este xoves Mayra García Bermúdez, membro da xestora do PSOE de Lugo e Alcaldesa de Trabada, e José Ramón Val Alonso, Deputado autonómico. Fixérono tras un encontro con compañeiros de partido nesta Comarca, no que avaliaron as contas autonómicas para o vindeiro ano. Xunto a Mayra García e Val Alsonso, na sede do PSOE burelá, estiveron os Rexedores de Burela e Ourol, así como Concelleiros socialistas en Cervo, Barreiros e Mondoñedo.
Val Alonso remarcou que “dende 2009, os Presupostos da Xunta tratan na Mariña as mesmas cuestións iniciadas polo Executivo de Touriño, o que pon de manifesto os 7 anos perdidos na nosa Comarca polo goberno fracasado de Feijóo. Pois o groso dos investimentos seguen a ser, por exemplo, a ampliación do Hospital ou o Corredor da Costa. Nada novo polo tanto, máis alá dos 400.000 euros para o IES María Sarmiento, entre outras pequenas actuacións”.
180 euros por habitante. Emendas aos Orzamentos
O Deputado autonómico salientou que, tendo en conta os cartos que a Xunta prevé achegar á Mariña o vindeiro ano, que suman uns 15 millóns de euros, así como a poboación da Comarca, que ascende aos 80.000 veciños, o investimento por habitante é de 180 euros, moi lonxe dos 725 euros na provincia que apuntou o goberno de Feijóo. Val Alonso adiantou que o PSOE presentará emendas no Parlamento para, canto menos, esixir a Feijóo que incremente o investimento da Xunta por habitante na Mariña. “É de xustiza facelo tras 7 anos perdidos”, enfatizou.
“A política de emprego de Feijóo na Mariña é a de destruír traballo e pechar empresas”
Mayra García subliñou “o castigo” ao que Feijóo ten sometida á Mariña. Neste senso, subliñou que “nunca un Presidente da Xunta provocou tanto paro na nosa Comarca. Con Feijóo o desemprego na Mariña bateu un récord histórico, pois chegamos a ter 6.000 veciños no paro, sendo a maior cifra de desempregados dende que existen as estatísticas oficiais da propia Consellería de Traballo. A política de emprego de Feijóo na Mariña foi a de destruír postos de traballo e pechar empresas, como ECAR, ECESA, HERMIDA ou MON”.
“As contas da Xunta para 2016 reflexan que Feijóo continuará con esta política de emprego destrutiva na nosa Comarca tamén o vindeiro ano, pois é evidente que non se compromete coa xeración de novos traballos, cando a Consellería de Emprego achega, a toda a provincia, unha mísera partida de 223.000 euros”, apuntou. Todo isto, cando en setembro, que son os últimos datos oficiais, a Mariña se situou á cabeza do paro na provincia de Lugo, cun incremento do 9,24% con respecto ao mes anterior, superando hoxe os 4.000 mariñás desempregados.
Feijóo non se implica cos sectores produtivos da Mariña
A socialista engadiu que “Feijóo tampouco se implica cos principais sectores produtivos da Mariña para manter os actuais postos de traballo. Por exemplo, coa pesca, que xera na Comarca uns 2.000 emprego, sendo un dos nosos motores económicos. Este sector chega a representar o 29% do PIB de Burela, o 20% do de Xove ou case 15% do de Viveiro. Mentres en Galicia a pesca representa o 1,2% do produto interior bruto, na Mariña o peso da pesca multiplica por seis a contribución media deste sector no conxunto de Galicia. E máis, a Mariña despunta en Europa polo que aporta a pesca á súa economía. Con todo, a Consellería de Pesca non ten previsto ningún investimento para este sector na Mariña, máis alá dos 3 millóns de euros para gastos de mantemento da delegación territorial deste departamento autonómico, que se sitúa en Celeiro; e ridículas achegas para os portos de Burela e Celeiro. A Consellería de Pesca achega 10,5 millóns de euros á Coruña e 22 millóns de euros a Pontevedra.
Sen fondos para a residencia en Ribadeo
Polo que se refire aos servizos sociais. A Consellería de Política Social ten prevista, para toda a provincia lucense, unha partida de 1,5 millóns de euros, dos que o 60% dos mesmos son para reformas e reposicións de equipamento, deixando 6.000 euros para dependencia e 11.000 euros para a promoción da autonomía dos nosos maiores. Neste senso, Mayra García apuntou que “no Orzamento da Xunta para 2016 non vemos nin un só euro para a reclamada residencia de maiores de Ribadeo, cando Feijóo prometeu hai máis de 2 anos achegar a este centro de maiores 500.000 euros. Polo tanto, os ribadenses outra vez se quedan co único apoio económico para este proxecto da Deputación de Lugo, que tamén está a executar unha residencia e centro de día público en Trabada”.
Hospital da Costa e infraestruturas
“Unhas 7 veces, escoitamos a Feijóo prometer as obras de ampliación do Hospital da Costa logo de que a súa primeira decisión con respecto á Mariña cando chegou ao Goberno galego, no 2009, fose paralizar unha partida de 9,3 millóns de euros do bipartito, precisamente, para estas actuacións. Pois ben, tampouco estarán listos estes demandados traballos no 2016, nin no 2017 ou no 2018, pois Feijóo volve a retrasar estas obras coas contas autonómicas para o vindeiro ano”, dixo a tamén Alcaldesa de Trabada. “E con respecto ás infraestruturas, e por poñerlles un exemplo, nada para a Variante de Viveiro tampouco no 2016, unha infraestrutura vital para a vertebración das comunicacións da Mariña”, engadiu.
Só propaganda
“En definitiva, Feijóo volve a castigar á Marina cos Orzamentos da Xunta para 2016, pois nos últimos anos a nosa Comarca xa non tivo nin unha soa actuación relevante que supuxese emprego ou que dinamizase a nosa economía. A Comarca suma 6 anos perdidos, os mesmos que Feijóo no Goberno galego, e vai cara outro, feito que demostra o fracaso do seu goberno. O único que fixo o Presidente da Xunta na Mariña foi propaganda. Só hai que ter en conta as veces que, en época electoral, anunciou a ampliación do Hospital da Costa. E por poñerlles outro exemplo. Vén de facer máis propaganda co Imposto de Sucesións, pois o 90% dos galegos xa non o pagan porque o suprimiu o Goberno de Touriño. Polo tanto, a rebaixa anuncia por Feijóo só afectará entre o 8 e o 9% da poboación”.




















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



