Foz, 26 de outubro de 2015.- Os días 30 e 31 deste mes de outubro e o 1 de novembro celebrarase a XII ruta Montes da Mariña para vehículos todoterreo que organiza o club Os Carrecamiños 4×4. Foi presentada hoxe en Foz cun acto no que participou o alcalde, Javier Jorge Castiñeira.
Os organizadores do evento explicaron que “o venres 30 comezan as actividades coa recepción dos inscritos, chegados dende diversas comunidades como Extremadura, Madrid, Castela León, Euskadi, Asturias e, como non, moitos de Galiza e concretamente da Mariña. Haberá a recepción dos inscritos (115 motos de enduro, 120 quads e 192 todoterreos) no parque pechado, que estará na explanada portuaria de Foz. A continuación degustaranse uns pinchos xunto coa proxección dun vídeo da ruta no pavillón do colexio Martínez Otero”.
Os Correcamiños 4×4 destacan que “o prato forte será o sábado 31, coa saída dos participantes dende o parque pechado ás 09:00 da mañá.
O percorrido da ruta discorrerá por Vilaronte, Cornería , A Cazolga (con dúas especiais, unha delas de alta dificultade), A Ermida (con outra especial) e A Frouxeira (con outra especial de alta dificultade). A continuación, contra o mediodía, chegaremos á antiga Barreira de Teixeira, onde será o xantar de campaña para os participantes de moto e quad e onde hai un percorrido marcado, con distintos pasos con máis ou menos dificultade, á medida da maior ou menor preparación dos vehículos participantes. Seguiremos nos montes de Cordido e Cangas con varias especiais de dificultade media e alta para volver de novo cara a Foz polos montes de Nois, onde se atopa a afamada e coñecida subida de Brea a partires das 14:30 horas aproximadamente. Continuaremos por Fazouro, na antiga Barreira de San Andrés para seguir por San Martiño e rematar na subida que hai a carón da Canteira do Pico da Lebre. E ás 22:00 haberá a cea de confraternidade de tódolos participantes no pavillón do colexio Martínez Otero. Por último, na xornada do domingo 1 de novembro a partires das 10:30 da mañá comezarán as probas de habilidade no Circuíto da Roxa, en Vilaronte, onde os vehículos terán que sortear os distintos obstáculos preparados para a ocasión. Ó mediodía celebrarase un xantar de despedida e farase a entrega de premios e agasallos, de novo no pavillón do colexio Martínez Otero”.
Os organizadores remataron agradecendo a colaboración de “Concello de Foz, Deputación Provincial, colexio Martínez Otero, Protección Civil de Foz, Policía Local de Foz, Talleres Armando Rodríguez, Frutas Morriña, Estación de Servicio Foz, Abastecementos Eugenia López, Servicios Forestales Pablo Geada, Mota Agroforestal, Sociedade de Cazadores A Frouxeira, Mancomunidade de Montes da Cazolga, Mancomunidade de Montes de Cordido, Mancomunidade de Montes de Cangas, Mancomunidade de Montes de Nois, Explotaciones Cerámicas ECESA e a tódalas empresas que colaboran no cartel publicitario e cos agasallos para os participantes”.





















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



