Cervo, 28 de outubro de 2015. A Delegación de Educación e Cultura do Concello de Cervo, que dirixe a concelleira Dolores García Caramés, organiza talleres de manualidades e de cociña, festa e cine, entre outras actividades, para que os nenos e nenas do municipio celebren o Samaín.
Dolores García anunciou este mércores que o alumnado do punto de atención á infancia (PAI) celebrará este venres, día 30, a súa festa temática con xogos e merenda no salón de actos da Casa do Mar de San Cibrao a partir das 17.30 horas. Tamén este venres haberá un taller de manualidades de Samaín na Casa do Mar de 11.00 a 12:.0 horas para alumnos de Infantil e de 12.30 a 14 horas para os de Primaria.
O sábado, día 31, tamén na Casa do Mar, desenvolverase un taller de cociña de Samaín de 11.00 a 12.30 horas para os alumnos de Infantil e de 12.30 a 14.00 horas para os Primaria.
A concelleira de Educación e Cultura explica que “as actividades do venres e do sábado precisan inscrición previa, que se envían aos colexios do concello e deben entregarse na Casa do Mar ou na Casa do Concello”.
Os actos da programación para celebrar o Samaín organizados polo Concello de Cervo continuarán o domingo, día 1 de novembro, cunha festa que terá lugar na Casa do Mar de San Ciprián a partir das 18 horas. Haberá talleres de caretas de medo e de maquillaxe de medo e feridas, baile e xogos, photocall de medo, merenda e sorpresas. E as actividades rematarán o luns, día 2, cunha proxección de cine de medo infantil no Ecomuseo de Cervo ás 18 horas.
Dolores García comentou que o Concello pon en marcha esta programación de Samaín “aproveitando que estes días non hai clases e co obxectivo de ofrecer aos rapaces alternativas para pasalo ben. Por iso, convidamos a todos os nenos e nenas a participar nas actividades e a vivir esta festa de forma activa e dinámica”.






















Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



