A Mariña, 29 de outubro de 2015.- Este venres, 30 de outubro, da comezo a cuarta edición do Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Municipios da Mariña lucense en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, da Xunta. Son 20 os restaurantes participantes nesta iniciativa, que ano tras ano colleita máis éxitos e se consolida entre as propostas do outono na comarca. E tres son os magos: Teto, Rafa e Charly, que achegarán os seus trucos a aquelas persoas que acudan a gozar dos menús máxicos preparados polos locais que se suman ao Mes da Maxia. A cita prolongarase ata o 28 de novembro.
Esta primeira fin de semana do Mes da Maxia os locais que acollerán esta proposta son Casa Fidalgo, de A Pontenova, Casa Damián, de Foz, Casa Franco, de Alfoz, e o hotel Vila do Val, de Ferreira do Valadouro.
Os que decidan achegarse a Casa Fidalgo, en A Pontenova, este venres, 30 de outubro, poderán degustar pelegríns do demo (bolo preñado e vieiras en prebe branca), multibrazo cabezón con cunchas (polbo con ameixas), cordeiro ao toque de varita (cordeiro asado en forno de leña) e tarta ao as (tarta chantillí). O mago que amenizará a velada é Rafa.
Tamén o venres o menú máxico de Casa Damián, en Foz, está composto de escoba voadora (twister de langostino e saquiños de xamón ibérico), cazola feiticeira (crema de marisco con virutas de salmón), corazóns ou picas (rodaballo salvaxe ou entrecot de boi) e queimada doce (brazo de crema con chocolate quente). O mago Teto fará as delicias dos asistentes.
O sábado, 31 de outubro, en Casa Franco, de Alfoz, os asistentes ao Mes da Maxia degustarán bocadiños de trasno (croquetas caseiras e tostas de salmón), saquiños recheos (chipiróns encebolados), agasallo das fadas (lacón cocido) e meigallo da vella (pudding). O mago Charly será o encargado de sorprender aos comensais.
E no hotel Vila do Val, de Ferreira do Valadouro, o menú máxico estará composto por duelo máxico (bocadiños de grelos e minitosta de cecina con queixo de cabra), barabí (vieiras gratinadas), dragma (codillo ao forno con guarnición de vexetais e pataca panadeira) e epifanía de sabores (tarta de tres chocolates). Será o mago Rafa o que deleite aos que se acheguen a este local.
O prezo dos menús máxicos mais actuación é de 25 euros por persoa e inclúe as bebidas: auga mineral, viño tinto ou branco, café ou infusión. As cenas darán comezo ás dez da noite.
O calendario de actuacións pode consultarse na páxina web: www.mesdamaxia.com As reservas poden facerse directamente nos restaurantes participantes, como mínimo, con 24 horas de antelación. O Mes da Maxia conta co patrocinio de Pazo do Mar e de Distribuciones Carreiras.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



