Barreiros, 29 de outubro de 2015.- Barreiros acollerá os días 25 e 26 de novembro un obradoiro práctico de primeiros auxilios dirixido a traballadores do sector agrogandeiro e forestal, unha formación que cofinancian o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e a Xunta, a través do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible, segundo informa o Concello barreirense.
Poderán inscribirse neste obradoiro todas as persoas traballadoras, maiores de idade ocupadas ou desempregadas no sector ao que se dirixe o curso e que teñan domicilio particular nalgún dos municipios da Mariña. O solicitante debe, ademais, traballar ou ter traballado nun centro con actividade agraria ou forestal situado na comarca. Haberá que presentar documento xustificativo de cumprir estas condicións xunto á inscrición, certificado asinado pola empresa ou copia do contrato.
O obradoiro terá lugar no Centro de Instrución e Recreo de Benquerencia, na rúa do Canteiro, s/n, en San Pedro de Benquerencia. É unha actividade presencial que se desenvolverá entre as 16 e as 20 horas e hai 25 prazas dispoñibles. As solicitudes deberán presentarse ata o 20 de novembro ou no enderezo electrónico desenvolvementorural.issga@xunta.es. O teléfono no que solicitar máis detalles é 981 17 43 81.
Os interesados poderán ter máis información na páxina web do ISSGA, http://issga.xunta.es/portal/index.html










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



