O paseo marítimo Seiramar – Sacido, situado na parroquia de Covas, presenta a día de hoxe unhas carencias que nos resultan preocupantes tales como son a falta de alumado público e a falta de visibilidade en varias zonas, motivada pola abundante maleza e ramas de árbores que se acumulan tralo muro de devandito paseo, o que impide gozar en boas condicións das estupendas vistas de Ría de Viveiro e a súa contorna.
No referente ao alumado público no tramo Seiramar – Sacido sinalar que do 1º cadro eléctrico situado en Sacido, contabilizamos que das 26 farolas existentes só funcionan 13 e por certo, algunha en mal estado; por outra banda das lámpadas encastradas no muro, das 58 existentes só funcionan 3.
Do 2º cadro eléctrico de Sacido, situado preto do Motel Las Sirenas, das 86 lámpadas de muro só funcionan 18 e das 10 farolas funciona 1. Isto dános unha idea da lamentable situación na que se atopa este paseo desde fai tempo, paseo moi concorrido polo día polos veciños e turistas que nos acompañan en distintas épocas do ano, pero non tanto polas noites ao atoparse con esta escasísima iluminación, o que xera unha sensación de inseguridade, á vez que impide ver con precisión por onde camiñamos.
Tres cuartos do mesmo podemos comentar da abundante maleza e ramas de arboreda na costa, que impiden en boa parte do paseo, gozar dunha boa visibilidade da nosa Ría e do Porto de Celeiro, privando así tanto a veciños como a visitantes de gozar dun marco natural incomparable que é un aceno de identidade do noso concello.
Por todo isto, o Grupo Popular solicita do Pleno de Corporación a reparación do Paseo Marítimo de Seiramar a Sacido da parroquia de Covas , ben sexa con medios propios ou en colaboración con outras administracións, para dar solución aos problemas de alumeado e luminarias en mal estado e procédase á limpeza da maleza que impide o goce de contemplar en boas condicións de visibilidade, espazos tan sinalados como é nosa Ría e a súa contorna.


















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



