Foz, 4 de novembro de 2015.- Este pasado xoves celebrouse o pleno do Concello de Foz do mes de outubro, onde como punto estrela iba a aprobación do terreo para a ubicación da nova E.D.A.R de Foz. A proposta do PP era un terreo situado en Forxán, mais concretamente na zona da Granda no límite entre as parroquias de San Martiño e Fazouro.Despois de moitos anos con este tema bloqueado, despois de varias reunións con membros das asociación de veciños de Forxán e Fazouro,dúas reunións de portavoces e dúas asembleas da Plataforma, con responsabilidade e valentía pensando tamén en todo o traballo que durante estes últimos anos fixeron veciños de Forxán traballando neste tema,“Foz,Plataforma de Futuro” decidimos desbloquear esta situación de parálise e votar a favor desta ubicación, isto non significa un cheque en branco ó Alcalde de Foz, senón todo o contrario, vamos a esixir que se cumpran todos os requisitos para que a nova depuradora de residuais de Foz, non sexa unha mais, senón a mellor depuradora. Sabemos que este tipo de decisións non gustan a todo o mundo pero entendemos que estamos aquí para solucionar os problemas da maioría dos veciños e veciñas e así o consideramos para tomar esta decisión.Gustaríanos que esta decisión fora aprobada por unanimidade pero non puido ser así.“Foz,Plataforma de futuro” cumprimos o compromiso adquirido cos veciños e veciñas de Foz antes das eleccións, apoiaremos todo aquelo que sexa bo para o conxunto dos veciños, veña de onde veña, antepoñendo os intereses dos veciños e veciñas ás siglas políticas.
FPF tamén votou a favor da adhesión ó Convenio asinado entre a Axencia estatal de administración Tributaria e a FEMP en materia de intercambio de información tributaria e colaboración na xestión recadadora coas entidades locais, xa que será unha ferramenta mais que terá o noso Concello para cobrar os impostos a todas aquelas persoas que deben algunha cantidade ó noso Concello,así mesmo haberá unha maior transparencia e información entre a Axencia tributaria e o noso Concello.
Noutro orde de cousas manifestar que FPF tamén votou a favor das mocións presentadas polo PSOE e BNG(esta non foi adiante pola abstención do PSOE) en relación ó axuste da revisión catastral que o Concello de Foz está realizando nestes últimos anos ós nosos veciños.Dende “Foz,Plataforma de Futuro” manifestamos que xa no ano 2014 aprobouse unha moción presentada daquela polos concelleiros non adscritos de baixar o tipo gravame, non levándose a efecto neste ano, moito nos tememos que novamente para o ano que ven os nosos veciños van sufrir de novo unha subida do 12%, xa que para que isto non suceda, teríamos que aprobar nas vindeiras semanas en pleno a baixada deste coeficiente polo que aposta FPF, neste punto temos que manifestar que o Alcalde de Foz non ten intención ningunha de paralizar esta subida e cargarlle ós veciños e veciñas novamente ás súas costas algo que si el quixera podía frear.
Así mesmo “Foz,Plataforma de Futuro” levamos a este Pleno tres mocións para o seu debate sendo aprobadas por unanimidade as propostas para solucionar os problemas co saneamento no barrio da Espiñeira, en Vilaronte, para instar á Xunta de Galicia a que solucione tanto estes problemas coma os existentes na EDAR de dita parroquia. Tamén foi aprobada por unanimidade a proposta de FPF para instar a FEVE e así mesmo ós propietarios das distintas estradas que atravesan as vías do tren a reparar ou substituír as varandas das pontes do tren, sobre todo pola seguridade dos peóns e vehículos que por estas estradas circulan. E tamén aprobada inda que solo cos votos favorables de FPF,PSOE e BNG e a abstención do PP a proposta de FPF para que se poida escoitar en todo o noso Concello Radio Foz, cousa que nos últimos tempos non está a suceder, así mesmo instar tamén ás distintas compañías de telefonía móbil a que en todo o Concello se poida ter cobertura das distintas compañías para que os veciños poidan elixir a mellor para eles, e a maiores nesta moción tamén incluía a proposta para que o Concello faga todo o posible para solucionar os problemas, inda existentes en diversos lugares do noso Concello onde non se poden sintonizar ben os distintos canles de TV.
















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



