A Lei 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local veu reformar a Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, poñendo en xaque a base do municipalismo e o modelo que garantiu a cohesión social do noso país durante os últimos trinta anos.
A reforma exposta priva ás entidades locais das competencias en materia de prestación dos servizos sociais e de promoción e reinserción social, así como en sanidade, consumo, igualdade, políticas activas de emprego, etc.
A nova Lei consagra unha visión exclusivamente economicista das funcións mesmas do Estado, e en especial das Entidades Locais, ao citar a estabilidade orzamentaria como principio reitor que debe presidir as actuacións de todas as Administracións públicas no canto de situar a atención ós cidadáns/as e a calidade na prestación de servizos no centro da reforma.
Desde o principio, o PSOE opúxose frontalmente a esta reforma porque ataca e dana á raíz mesma do goberno municipal, recorta competencias aos concellos e abre o camiño á desaparición ou á privatización dos servizos sociais que prestan os concellos. O texto é, ademais, un ataque á Carta Europea de Autonomía Local. Tamén se opuxeron o resto dos grupos da oposición e alcaldes de toda España, incluídos moitos do Partido Popular.
Por iso, os Grupos Parlamentarios Socialista, Esquerda Plural, Unión Progreso e Democracia, e Mixto (BNG, CC-NC-PNC e Compromís-Q) presentaron un recurso de inconstitucionalidade contra esta Lei. O mesmo fixeron algunhas Comunidades Autónomas. Igualmente, máis de 3.000 concellos de toda España, que representan a máis de 16 millóns de cidadáns e cidadás, presentaron un conflito ante o Tribunal Constitucional en defensa da autonomía local
constitucionalmente garantida. Tanto os recursos como o conflito presentados foron admitidos a trámite polo Tribunal Constitucional e están pendentes de tramitación e sentenza.
Hoxe de novo, reafirmamos o noso compromiso de derrogar esta lei en canto o PSOE chegue ao Goberno. Un dos principais ataques ao municipalismo da LRSAL é un cambio profundo na organización do sistema público dos Servizos Sociais, que afecta a repartición e a relevancia da Administración Local no conxunto das actuacións do Estado, desposuíndoa de todas as súas facultades de acción neste ámbito, un dos máis importantes para construír unha comunidade, e onde é esencial a proximidade para a prestación dos servizos. Calcúlase que cando o 31 de decembro entre en vigor a previsión de cesión das competencias de servizos sociais municipais ás CCAA, máis de 8,5 millóns de cidadáns veranse afectados.
Desta maneira créase unha situación crítica para a continuidade do sistema público de Servizos Sociais en España que se foi construíndo desde os anos 80, sobre a base do marco constitucional, e dos Estatutos de Autonomía.
En desenrolo do marco constitucional foise consolidando o actual sistema público de Servizos Sociais, baseado na cooperación entre administracións e que permite a aplicación do Plan Concertado de Servizos Sociais.
Esta reforma creba a estrutura xa consolidada e limita extraordinariamente as funcións de prestación dos servizos sociais e de promoción e reinserción social dos consistorios á mera “avaliación e información de situacións de necesidade social, e a atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión social”, desnaturalizando por completo o sistema actual.
Ademais, isto lévase a cabo nun momento en que as cifras de pobreza en España son cada día máis dramáticas. Na actualidade, 1 de cada 5 persoas viven no noso país por baixo do limiar de pobreza. 2,8 millóns de nenos, o 33,8 por cento da poboación menor de idade, están en risco de pobreza. A taxa de cobertura por desemprego baixou até deixar desatendidas á metade das persoas en paro, mentres que ter un traballo, xa non garante saír da pobreza en España.
Nun contexto como o actual, é necesario potenciar os servizos aos que a cidadanía recorre en primeiro lugar para obter información e atención social e laboral, pero paradoxalmente, o Goberno do PP, no seu afán de reducir a mínimos a protección social, consumou o desmantelamento da Rede Pública de Servizos Sociais de proximidade, con recortes orzamentarios (64% no Plan Concertado) que, ademais de deixar sen protección a miles de cidadáns en plena crise, supuxo a destrución de máis de 10.000 postos de traballo do sector público local.
Tamén se marxina aos cidadáns que viven no medio rural ao eliminar calquera servizo social dos pobos con menos de 20.000 veciños (incluso os servizos sociais de asistencia inmediata deixan de ser de carácter obrigatorio nos municipios pequenos) en aras dunha pretendida maior rendibilidade, e para traspasar ditas competencias directamente ás deputacións provinciais.
En definitiva a LRSAL suporá para millóns de persoas perder a atención social que reciben dos seus Concellos. Por iso, a Xunta de Goberno da FEMP pediu unha moratoria da súa entrada en vigor e a posterior derrogación da mesma.
Por todo o exposto, o Grupo Municipal Socialista somete á consideración do Pleno Municipal a presente MOCIÓN, solicitando a adopción do seguinte ACORDO:
Dirixirse ó Goberno do Estado para:
a) Derrogar a lei 27/2013, de 27 de decembro de racionalización e sustentabilidade da Administración Local.
b) Mentres tanto, se comprometa a tramitar, de forma inmediata, unha modificación lexislativa que devolva urxentemente ás Entidades Locais as competencias en materia de prestación dos servizos sociais e de promoción e reinserción social, reafirmando a autonomía municipal constitucionalmente garantida, entendida como a capacidade de decisión en todos os ámbitos da vida cidadá, sen prexuízo da necesaria coordinación de competencias entre administracións, baixo os principios de calidade do servizo, proximidade e subsidiariedade.


















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



