Burela, 9 de novembro de 2015. As monitoras da Aula de Educación Medioambiental Gaia do Concello impartirán durante catro semanas no IES Perdouro unha serie de charlas sobre xestión sostible da auga e residuos, cambio climático e consumo enerxético. As sesións comezaron a semana pasada e van dirixidas aos alumnos de 4º da ESO.
Noelia María Ben, concelleira de Medio Ambiente sinala “a importancia que dende o noso Concello se lle concede á educación ambiental, á importancia de educar no respecto ao medio ambiente e a necesidade de ser máis sostibles no noso día a día. Con estas charlas pretendemos que os alumnos se dean conta da necesidade de cambiar a nosa forma de consumo, e como con pequenos xestos de cada un de nós podemos conseguir entre todos coidar do noso ben máis prezado”.