Santiago, 12 de novembro de 2015.- O portavoz do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, asegurou este xoves que os grupos da oposición están enganando aos profesionais da pesca en Galicia porque actúan cunha evidente hipocrisía política en relación co incremento de cotas de pesca “dicindo unha cousa ao sector e mantendo unha postura diferente no Parlamento”.
O deputado popular lembra que o pasado o 9 de setembro os populares presentaron unha proposición non de lei na Comisión de Pesca e Marisqueo da cámara galega coa que buscaban un acordo unánime en apoio das iniciativas que a Xunta impulsa para acadar un incremento das cotas de pesca o ano próximo, en 2016 e os grupos da oposición PSOE, AGE e BNG, votaron en contra.
MÁIS COTA: OBXECTIVO PRIORITARIO
“Para o PP e para a Xunta é un obxectivo prioritario seguir avanzando en cantas medidas se estimen útiles para darlle máis oportunidades á nosa flota e máis posibilidades de pesca aos nosos profesionais, pero nese obxectivo non contamos co apoio dos grupos da oposición”- sinalou Balseiro.
O portavoz do Mar dos populares galegos sinala que para ser máis fortes na negociación ante Europa (que é o foro no que se deciden as reparticións) “teríamos que ser capaces de ir todos da man, e está claro que coa oposición non podemos contar”, porque cando falan ante o sector, e cara a opinión pública, reclaman máis posibilidades de pesca, e despois no Parlamento, votan en sentido contraditorio, e non apoian as iniciativas do PP que precisamente buscan este obxectivo.



















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



