Foz, 12 de novembro de 2015. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, advirte que rebaixa no imposto de bens inmobles (IBI) aprobada no pleno extraordinario da corporación municipal celebrado este mércores non é legal e, polo tanto, podería ter consecuencias xudiciais para os concelleiros de PSOE e Foz Plataforma de Futuro, que foron os que votaron a favor da súa aprobación.
“O goberno do Concello de Foz tacha de esperpéntico o pleno deste mércores, no que propoñiamos rebaixar o coeficiente que regula o IBI nun dez por cento, cuns informes técnicos do interventor que o avalaban, pero o Partido Socialista e a Plataforma, cun pacto previo se veu clarisimamente no pleno, aprobaron unha emenda, sen informe e contraria completamente á lei, que propón unha redución temeraria do 34 por cento do coeficiente actual. É dicir, que pretenden deixar sen 600.000 euros aos orzamentos municipais do ano 2016, atacando absolutamente a estabilidade presupostaria do Concello, sen informes técnicos”, explicou o rexedor municipal.
Javier Castiñeira engadiu que “con este ataque de populismo o Partido Socialista e a Plataforma pretenden rebaixar, se alguén non o evita, ao mínimo posible que establece a lei o coeficiente que regula o IBI, o que supón un verdadeiro asalto á economía municipal, comparable ao que xa fixeron no seu día Unifoz e PSOE durante o pasado mandato non aprobando o pago a provedores. E neste caso aínda é moito máis grave porque están tomando un acordo saltándose a legalidade, ao marxe dos informes técnicos municipais e modificando unha ordenanza ás costas dos técnicos e dos informes que son preceptivos e legais. O goberno local do Partido Popular xa avanzou que alegará contra esta decisión e que estudará outras medidas ante este asalto á economía municipal e ás competencias do alcalde; e valoramos incluso a impugnación do propio pleno”.
O alcalde focense recordou aos membros da corporación municipal que “hai concelleiros en procesos xudiciais en concellos próximos por tomar decisións en contra da legalidade e dos informes técnicos, ben sexa urbanísticos ou económicos. Alertamos neste mesmo pleno da ilegalidade que se estaba cometendo. E o único que conseguen con todo isto é que os discípulos de Xaime Cancio, que é o verdadeiro mentor deste plan malévolo, é que non entre en vigor nin a baixada do 10 por cento que pretendía aplicar o goberno local do Partido Popular nin obviamente a do 34 por cento, ao 0,4, que pretenden estes dos grupos, porque o goberno municipal do PP vai impugnar esa decisión”.
Castiñeira tamén comentou: “dende a Alcaldía síntome bastante defraudado polo PSOE, que segue cego e non sabe ler os resultados das últimas eleccións municipais, nas que perderon 700 votos por estar mal dirixidos, por volver ao pasado e ter un líder que actualmente é un cadáver político pero segue manexando os fíos do Partido Socialista; e, por outro lado, a Plataforma, que pensa que aprobando no anterior pleno o punto referido á depuradora remataron xa así este mandato. Pero iso non é certo e o goberno municipal do Partido Popular vailles esixir que estean á altura en todos os plenos e en todos os puntos necesarios para a gobernabilidade do Concello. É necesaria a nova depuradora, asunto que lles deixamos perfectamente para que non tiveran ningún risco á hora de tomar decisións, pero tamén é necesaria a economía municipal, é necesario o Plan Xeral, son necesarios os orzamentos de todos os anos e a Plataforma debe estar á altura. Non vale de nada dicir que teñen o comodín da depuradora para botar así todo o mandato. Este goberno non atende a esas desculpas e vailles esixir a todos os grupos, pero sobre todo á Plataforma, que estea á altura en todos os plenos da corporación”.


















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



