Dolores García Caramés (concelleira de Facenda en Cervo).- Quen acudiu ao pleno que houbo en Cervo este luns pasado puido comprobar que o Partido Socialista votou en contra dos presupostos municipais para 2016 unicamente por dicir que non, pois non esgrimiu ningún argumento.
A verdade é que é difícil dicir algo dun presuposto como o que presentou o Concello de Cervo, que se pode definir como eminentemente inversor e social. E para iso están os números, que así o avalan e que calquera persoa pode comprobalos.
Nos motivos que esgrime agora nos medios de comunicación o Partido Socialista póñense eles mesmos en evidencia e hai moitas falsidades, porque por exemplo falan de apostar por un plan de emprego cando eles o 17 de marzo de 2014 votaron en contra dun que facía a Deputación Provincial de Lugo e para o que nosoutros pedíamos que non se excluíra, como se fixo, ao Concello de Cervo dese plan de emprego da Deputación, pero os socialistas opuxéronse. Ademais din que non se destinou nin un só euro a emerxencia social, cando por exemplo só neste ano xa van 2.243,67 investidos en 7 casos. Tamén falan de gastos que non teñen fins concretos, cando nos referimos a partidas destinadas para algunha axuda imprevista de última hora, como por exemplo a que nos pediu unha asociación na que o portavoz do Partido Socialista forma parte da súa directiva.
E falan de que a xente se vai deste concello, cando son precisamente os portavoces do Partido Socialista os que se van vivir a outros lugares despois de perder as eleccións en Cervo. Esperemos que o actual no faga o mesmo que a portavoz anterior.

















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



