Mondoñedo, 13 de novembro de 2015.- A alcaldesa do Concello de Mondoñedo, Elena Candia, reiterou este venres o compromiso do seu Goberno en materia de benestar e servizos sociais, que pasa por blindar a atención ás persoas maiores e dependentes do municipio. En concreto, adiantou que a súa prioridade é incrementar o orzamento en servizos sociais para o ano 2016.
A alcaldesa de Mondoñedo fixo estas declaracións no transcurso da visita a Mondoñedo do conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, quen fixo entrega dos diplomas aos alumnos do curso formativo para coidadores de persoas cunha demencia impartido na localidade.
Candia fixo balance do traballo do Goberno local en materia de benestar e destacou que o actual executivo suprimiu a lista de espera dos usuarios do Servizo de Axuda no Fogar. Son 73 en total os usuarios do Saf, 45 na modalidade de prestación básica, e 28 en dependencia. A maiores, a popular indicou que os tres usuarios que había en lista de espera tiveron xa resposta este luns coa celebración da Xunta de Goberno.
A rexedora popular tamén achegou datos como o total investido en servizos socias no Concello de Mondoñedo durante o presente ano, o que suma un importe superior aos 231.648 euros, amais de manterse 15 postos de traballo, 13 destes auxiliares de forma continuada e dous durante as vacacións.
De igual maneira, Elena Candia tamén destacou que o actual Goberno local aposta pola formación en materia de benestar. Neste senso, citou o curso que rematou hoxe para coidadores de persoas cunha dependencia, de FAGAL (Federación de Alzheimer de Galicia), coa que colabora tanto a Xunta de Galicia coma o Concello de Mondoñedo.
Por último, a popular contrapuxo a xestión do Goberno popular en materia de benestar coa dos socialistas e dos nacionalistas que aplicaron recortes e despediron a persoal, como é o caso da educadora familiar, servizo que a alcaldesa quere recuperar.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



