O que naceu como un soño de concordia entre os representantes políticos e os veciños do Concello de Ribadeo acábase de converter nun verdadeiro espectáculo vergoñoso, organizado e dirixido polo PP, baixo a batuta do seu Secretario, o Sr. Balseiro. Que pretende? Desacreditar ó actual Alcalde. E como? Facéndoo culpable dos incumprimentos da Xunta coa residencia. Pra que? Pra remover o principal obstáculo que ten o PP pra facerse coa alcaldía de Ribadeo.
O Secretario Xeral do PP, que nunca se interesou por esta vila, preséntase agora como o seu titor e protector. Pretende conseguir deste xeito o perdón dos veciños de Ribadeo polo mal comportamento da Xunta e os seus votos futuros nas vindeiras elecións.
A súa estratexia: lanzar sobre a persoa do Alcalde desta vila todas as súas frechas, aínda sabendo que todas as actuacións do Alcalde responden as decisións tomadas pola Comisión pro Residencia.
Pra iso non dubida en acudir a mentira: acusalo de estar bloqueando a colaboración da Xunta durante quince meses. A que foi tantas veces, pregunto, a Comisión pro Residencia a Santiago, Sr. Balseiro? A pedir axuda ó PP ou a bloqueala? Vai convencer con estas mentiras ós veciños de Ribadeo?
Se de verdade o Sr. Balseiro, e con el o seu PP, queren unha residencia pra Ribadeo, tal como din, que o demostren cos feitos. A posición da Xunta sobre esta residencia foi, durante longo tempo, negativa. As repetidas instancias dos veciños de Ribadeo á Consellería de Benestar solicitado esta residencia foron sempre ignoradas. As primeiras respostas da Consellería á Comisión pro Residencia, á que o primeiro se negaba a recibir, foron sempre de rexeitamento. Afirmaba a Conselleira que en Ribadeo non había demandantes en lista de espera, e que, en todo caso, o ideal que pretendía a Consellería era o de coidar ós maiores nas súas propias casas.
Onde estaba o Sr. Balseiro e o seu PP cando un pequeno grupo de veciños pisaba tódolos barrios deste Concello pra recoller a opinión dos veciños sobre a necesidade dunha residencia? E agora sáenos o novo PP dicindo que eles son os primeiros interesados nesta residencia. Lédame a súa nova postura, pro non é iso tentar recoller o que outros sementaron?
Cando o Sr. Balseiro acusa ó alcalde de que está a manexar a algúns representantes dos veciños, debe saber algo ó que o PP non está acostumado. Que os veciños convenceron ós portavoces políticos, incluido o alcalde, de que son eles os que han de estar a disposición das inquedanzas dos veciños, como así fan, agás o novo PP.
Esíxelle agora o Sr. Balseiro ó Alcalde de Ribadeo que achegue un Informe sobre a xestión e financiamento da residencia. Un Informe como o do Gaiás, Sr. Balseiro? Esixiu ese Informe a Xunta de Fraga pro seu descomunal investimento no Gaiás? Coñece xa o Sr. Balseiro, a quen corresponderá esa xestión e financiamento? E agora o Sr. Balseiro, non contento con descualificar ó Alcalde, pide – suponse que ós veciños – “que non se siga defendendo a un alcalde que cos seus actos de bloqueo pon en perigo a financiación da residencia”. Quen politiza agora este proxecto, Sr. Balseiro? Un proxecto que naceu baixo o compromiso de todas as forzas políticas como un ben superior dos veciños, renunciando pra iso a todo lexítimo proveito partidista, acaba agora sendo utilizado polo PP do Sr. Balseiro, pra tratar de derrubar ó alcalde de Ribadeo. Tarde piaches. É que non lle serviron de experiencia os resultados das pasadas eleccións locais, Sr. Balseiro?

















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



