A clasificación séguese apretando por arriba na categoría sénior masculina da Tirada de Bolos de Xove aínda que Rafael segue mantendo unha pequena vantaxe grazas á súa regularidade, xa que é o único xogador que ata o momento puntuou en tódalas tiradas e só baixou do cuarto posto nunha ocasión.
Sócrates continúa segundo, pese a non puntuar, seguido moi de preto por Moisés Rodríguez, Francisco Pérez e Luis Rancaño, este último grazas á extraordinaria tirada realizada, conseguindo unha puntuación altísima de 355 tantos.
Liga Sénior Feminina
Grazas á mala tirada de Belén Meitín, Salomé Cardoso consolídase na cabeza, ampliando a súa vantaxe a 11 puntos. Na terceira posición unha veterana, Salomé Bermúdez, que con 22 puntos está abrindo brecha coas súas inmediatas perseguidoras.
Salomé non partía a priori entre as principais favoritas, pero a vitoria obtida na primeira tirada de Lago deulle moita moral e está realizando unha campaña moi regular na que xa acumula 2 vitorias. Pola súa parte, Carmen Corral segue arrastrando molestias físicas polo que o seu xogo está moi por debaixo do seu potencial.
Liga Sub 16
Vitoria unha vez máis, e xan van sete seguidas, de Daniel Alonso, que está a dar un paseo militar no campionato. Nos seus tanteos xa se está a comparar cos seniors permitíndolle aprender para a vindeira tempada na que, seguramente, subirá de categoría. Estamos ante dun xogador, que pese á súa xuventude, xa podería competir na Liga Sénior con moitas posibilidades de estar nos postos de vangarda.
Por detrás, Miguel López, ubicado en terra de ninguén, sen ninguén que o presione, ocupa a segunda posición. Para o terceiro posto temos a tres xogadores mozos: Javier Alonso (13 puntos), Julia López (11 puntos) e Hugo Pérez (9 puntos) que seguramente pelexarán ata o final polo terceiro posto no caixón dos vencedores.
A vindeira tirada terá lugar no Centro Social de Morás, o vindeiro sábado 21 de novembro de 2015.
|
CAMPIONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ (14 NOVEMBRO 2015) 37 INSCRITOS: 20 NA LIGA SÉNIOR, 8 NA LIGA SUB 16 E 9 NA LIGA FEMININA |
|||
| CLASIFICACIÓN | NOME | TANTOS |
PUNTOS |
|
LIGA SENIOR |
|||
| PRIMEIRO | LUIS RANCAÑO BOUSO |
355 |
12 |
| SEGUNDO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ |
326 |
10 |
| TERCEIRO | ARTURO VIGO CASABELLA |
321 |
8 |
| CUARTO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ |
314 |
7 |
| QUINTO | C. JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA |
311 |
6 |
| SEXTO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA |
301 |
5 |
| SÉTIMO | JOSÉ BAÑO FERNÁNDEZ |
289 |
4 |
| OITAVO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ |
284 |
3 |
| NOVENO | JOSE VIGO LAGE |
275 |
2 |
| DÉCIMO | ADÁN RODRÍGUEZ ROCA |
261 |
1 |
| MELLOR BOLADA | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ |
98 |
1 |
|
LIGA SUB 16 |
|||
| PRIMEIRO | DANIEL ALONSO LÓPEZ |
213 |
6 |
| SEGUNDO | JULIA LÓPEZ FORMOSO |
193 |
4 |
| TERCEIRO | MIGUEL LÓPEZ FORMOSO |
192 |
3 |
| CUARTO | HUGO PÉREZ MEITÍN |
166 |
2 |
| QUINTO | LARA RODRÍGUEZ BAÑO |
138 |
1 |
| MELLOR BOLADA | DANIEL ALONSO LÓPEZ |
75 |
1 |
|
LIGA FEMININA |
|||
| PRIMEIRO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN |
232 |
6 |
| SEGUNDO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ |
222 |
4 |
| TERCEIRO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ |
189 |
3 |
| CUARTO | CARMEN ROCA CORRAL |
170 |
2 |
| QUINTO | BELÉN MEITÍN ROUCO |
142 |
1 |
| MELLOR BOLADA | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN |
76 |
1 |






















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
