Burela, 19 de novembro de 2015.- Queremos publicamente sinalar que temos en Burela un equipo de goberno escuro, pouco transparente e con pouca ou nula capacidade de xestión. CxG propuxo en varias ocasións medidas de transparencia e de participación dos cidadáns, sen reposta por parte do PSOE. Previa á constitución dos órganos de goberno o 17/06/2015 CxG propuña, mediante rexistro, que non se delegasen funcións do Pleno na Comisión de Goberno, xa que o primeiro e público e as Comisións a prior non. Non temos nin resposta, esta é a transparencia do Sr. Llano.
Hoxe estamos en condición de sinalar que esta decisión vulnera os dereitos marcados na Constitución e provoca unha situación de inseguridade xurídica sobre dos acordos tomados polo PSOE nas Comisións de Goberno. Esta actitude recalca a nula capacidade de goberno do grupo socialista que non coñece nin o propio ordenamento xurídico. CxG ven de presentar unha proposta que arranxe esta situación co gallo de evitar indefensións e problemas ós nosos veciños. Entendemos que fai falla neste senso responsabilidade e adiantamos que usaremos todos os mecanismos para facer cumprir a Lei, en defensa dos administrados.
Gobernar non e soamente mandar notas de prensa, sacar fotos e reclamar reunións, gobernar e tomar decisións que cumpran a legalidade democrática.
Por último sinalar a todos aqueles veciños afectados por decisións tomadas en delegación pola Comisión de Goberno que fagan valer os seus dereitos.
Os temas delgados a Comisión de Goberno polo Pleno deben ser debatidos publicamente. Non chega con falar de transparencia Sr. Llano tamén temos que practicala.



















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



