Este vinte de novembro estivemos no Parlamento de Galicia e falamos cos grupos da oposición parlamentar; con Nieves Villar e co seu fillo Hadrián, e cos representantes desta confederación estiveron os deputados do grupo mixto, do BNG, PSG e AGE.
Principiou falando Nieves das razóns que nos movían a todas para estarmos dun lado para outro esixindo o que é de lei: unha nova regulación da atención educativa domiciliaria que fixe dereitos e obrigas para a administración, e que estableza nun mínimo de 12,5 horas semanais de atención na casa para os nenos ou nenas que se vexan na situación do non poder asistir ás clases ordinarias durante un período prolongado; e que non sexa unha simple declaración de intencións, porque as declaracións de intencións, como as que agora mesmo existen con rango de Decreto, só serven para incumprilas, máis aínda cando o goberno que as tería que aplicar está seguido a recortar os dereitos educativos de toda a mocidade galega, moi nomeadamente aos que entran no catálogo de necesidades educativas especiais, tal e como é o caso das ausencias por longa enfermidade.
Logo falamos nós, incidindo nos mesmos aspectos que levamos xa meses dicindo en público, isto é, que é necesario:
• Establecer un procedemento que vincule a diagnose da enfermidade co inicio das actuacións educativas, sen que a familia teña que ter a máis mínima iniciativa.
• Dispor dunhas escolas hospitalarias ben dotadas e con capacidade de absorción de todos os casos que aparezan.
• Ter un corpo de profesores-as que dispoñan da formación específica necesaria, non só académica, que poidan cubrir estas necesidades.
• Organizar un sistema de comunicación entre o alumno na casa, o profesor hospitalario ou domiciliario, a familia, e o titor dese alumno-a para que ese período no que o neno-a permaneza separado dos seus compañeiros non se converta nunha fase de illamento, senón que se potencie a relación cos seus compañeiros e se garanta a facilidade da súa reincorporación á vida académica cotiá.
• Atender ao presente, porque agora mesmo hai moitos nenos que precisan unha atención que non teñen; e simultaneamente traballar para o futuro, convocando mesas de traballo nas que as persoas, profesores e alumnos, que teñen a experiencia destes anos teñan a posibilidade de entregar eses coñecementos adquiridos, e dar entrada nesas mesas a especialistas da sanidade, da pedagoxía e da psicoloxía, xunto coas familias.
• Abrir o debate á sociedade, para que tamén serva de xeito de concienciación sobre toda a diversidade, e sobre a necesidade urxente que temos de atendela e incluíla.
Estivemos de acordo, todos os grupos da oposición parlamentar explicitaron o seu apoio a esta iniciativa, solicitaron de nós que lles enviaramos unha proposta elaborada, e comprometémonos a facelo no prazo máis breve posible.
Logo demos entrada á prensa, un gran número neste caso; volvemos a explicar o noso ideario e atendemos ás súas preguntas.
Temos que dicir que cada vez que falamos coa prensa sorprendémonos do descoñecemento que existe desta circunstancia e da inexistencia de solucións administrativas á mesma. As preguntas que se nos fan en xeral, e as reflexións que algún xornalista realiza, deixan ben as claras que estamos acertando de cheo na reivindicación da cobertura destas necesidades educativas, porque a desatención pública e mesmo social que teñen as familias que se ven nesta situación é absoluta.
Durante a rolda de prensa, unha Nieves moi claramente reivindicativa anunciou que ela non pensa asistir á reunión do grupo popular do parlamento, que terá lugar o próximo luns ás 12:00, porque considera que se o conselleiro que este grupo soporta politicamente non a recibe, ela tampouco ten porque recibilos a eles.
Os representantes desta confederación, mantendo sempre unha postura institucional, estaremos o luns no parlamento e falaremos con este grupo, pero iso contarémosvolo cando vaiamos.
E aproveitando que viña Hadrián, o voceiro de educación do BNG tivo o amable xesto de facerlle unha pequena visita guiada polo edificio e polas súas salas, que non é algo que se vexa todos os días, e que o rapaz agradeceu, sobre todo porque os seus compañeiros xa viñeran a velo recentemente e el non puidera acompañalos.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



