Ribadeo, 26 de novembro de 2015.- Eroski Club cumpre ano e para celebralo o hipermercado Eroski de Ribadeo sorteou cada día un xamón, desde o 3 ata o 25 de novembro. En total foron 20 os afortunados e afortunadas que levaron este premio para a súa casa.
Os gañadores dos 20 xamóns sorteados polo hipermercado Eroski de Ribadeo para celebrar o primeiro aniversario de Eroski Club son: Dosín Seivane Otero, José Manuel Alonso, María Verónica Fernández Ramón, Cristina Díaz Pardo, Marcelino Fernández Rinlo, Manuel Eurico, César Álvarez Olivera, Jennifer González Prado, Menchu, Miguel Suárez Fernández, Zulema Martínez López, José Pintado, Ana María Villarinos, Vicente Lojo García, Juan Goas Rego, David Fernández, Valentina Varela, David Navallo García, Conchita Rico e María Díaz Rodil.
A encargada de facer entrega dos premios foi a responsable de Cliente en Eroski Ribadeo, Yolanda Manzaneda.
Eroski Club cumpre un ano con máis de 2,5 millóns de socios-clientes.























O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



