A conta atrás para a Tarde Laranxa con dobre duelo burelista-catalán xa comezou. Desde este luns todas as persoas interesadas xa poden adquirir a súa entrada para o grande espectáculo que vivirá Vista Alegre este sábado, 5 de decembro, coa visita do FC Barcelona Lassa ás 16.15 horas (emitido en directo por TVG2) en Primeira LNFS e co FS Gironella (19.15 horas), no regreso de Primeira LNFS tras o Campionato Mundial de Guatemala.
A venda anticipada estará aberta ata o venres, día 4, ás 14.00 horas, na sede do CD Burela FS Pescados Rubén (Horario de atención ao público: de luns a venres, 10.00-14.00 // 16.00-19.00).
PREZOS PARA SOCIOS
Adult@: 5 euros
Menor de 18 anos: 1 euro
PREZOS PARA NON SOCIOS
Adult@: 15 euros
Menor de 18 anos: 5 euros
Sorte laranxa, 48294. Para tod@s os que así o desexen, na sede laranxa está dispoñible o número da sorte laranxa; tamén poden atopalo no Traste, Parrillada de Jandro, Restos de Stock, Galatea, Palacio de Cristal, Centro de Dietética e Nutrición Alba Vila e, este sábado, no pavillón Vista Alegre.






















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
