Ribadeo, 3 de decembro de 2015.- O XIII Mercado de Nadal de Ribadeo abre as súas portas este sábado, 5 de decembro, ás 17 horas da tarde. Ata o martes, día 8, haberá 25 postos na rúa San Francisco e no parque nos que se poderán atopar pezas de artesanía, alimentación, vestido e calzado, entre outras propostas. O evento foi presentado este venres á mañá polo alcalde, Fernando Suárez, e pola concelleira de Turismo, Comercio e Desenvolvemento Local, Ana Martínez. O goberno local confía en que esta iniciativa volva arrastrar a veciños e visitantes á vila e que repercuta no comercio e na hostalaría. Ademais do Mercado, aberto durante a ponte festiva, tamén nestes días está previsto o acendido da iluminación de Nadal na vila de Ribadeo.
O rexedor dixo que “nesta 13ª edición do Mercado de Nadal dende o Concello queremos volver traer as actividades comerciais, artesanía, nas súas diferentes extensións, como calzado, vestido, alimentación, coiro, elaboración de cervexas, embutidos ou velas aromáticas. Así un total de 25 expositores de aquí da comarca, de todo o país e mesmo de comunidades próximas que queren achegarse para vender o mellor dos seus produtos. Aínda que nesta edición temos un gran número de expositores, 25, foron moitos máis os que o pediron, porque moita xente quere vir a Ribadeo. Queren vir porque ven que ten un éxito notable de público, de capacidade de congregar a moitísima xente”.
Suárez Barcia explicou que “os técnicos estiveron seleccionado o que nos parecía máis diversificado e representativo desta artesanía para o Nadal. Hai un incremento importante de artesáns locais, nesta nova edición do Mercado de Nadal vai haber máis presenza ca nunca de artesáns da vila e do municipio. O que queremos, coma sempre dicimos, é que isto favoreza que a xente veña e consuma en Ribadeo os produtos que se vendan no Mercado de Nadal, pero que tamén coma, tome cafés e merque nas tendas de Ribadeo, que non haxa escusa para vir a Ribadeo durante estes días, do sábado 5 de decembro pola tarde ata o martes 8 de decembro, que sempre haxa un motivo para todos os veciños, e tamén xente doutros municipios próximos e non tan próximos, veñan a Ribadeo”.
O alcalde ribadense engadiu que “con isto iniciamos o Nadal e contamos que durante a ponte se acenda o alumeado de Nadal que poñemos en marcha todos os anos. Hai que ter en conta que o Nadal comeza cedo, empeza con forza e, unha vez que acabe este Mercado de Nadal, de alí a pouco, empezamos coa pista de xeo natural. Dende o goberno municipal e dende a área que dirixe Ana Martínez estamos empeñados e convencidos de facer cousas que atraian á xente a Ribadeo, con reclamos diferentes, ben sexa unha pista de xeo, ben sexa un Mercado de Nadal ou calquera outra cousa, pero sempre con ánimo de atraer xente, porque logo, cando preguntamos aos comerciantes, aos restauradores ou aos taberneiros, dinnos que están contentos e agradecidos de que se fagan estas iniciativas para que a xente veña, porque se a xente vén acaba consumindo, mercando, e isto vénlle moi ben ao noso principal eixo económico, que é o sector servizos”.
A programación do Mercado do Nadal inclúe obradoiros, títeres, baile e música.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



