Burela, 4 de decembro de 2015.- O Burela FS Pescados Rubén finaliza este sábado o seu especial Tourmalet do calendario coa visita do titánico FC Barcelona Lassa. Os pupilos de Daniel Ibañes abrirán a Tarde Laranxa de Vista Alegre ás 16.15 horas poñendo a proba a seu mausoleo na recta final antes do chegar ao ecuador fronte á grandiosidade do actual segundo clasificado. A cita tamén poderá seguirse en directo a través de TVG2 e Esport3.
Desde a oitava praza, con 18 puntos, o equipo mariñán traballou para recibir con uñas e dentes mañá o Barcelona, na penúltima oportunidade para manterse no gran soño da Copa de España Guadalaxara 2016. Xa está todo preparado en Vista Alegre para acoller un emocionante espectáculo dentro e fóra da pista.
Na súa filas, o Pescados Rubén non poderá contar con Matamoros, que aínda arrastra molestias por tendinite; entrará na convocatoria Aitor, do filial. Sergio Lozano será a grande ausencia do banco catalán, por lesión.
Convocatoria CD Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 11. Chano, 13. Álex, 17. Carlitos, 18. Jorge Bellvert, 20. Chino, 23. Antoñito, 30. Hélder
Convocatoria FC Barcelona Lassa: 1. Cristian, 2. Aicardo, 4. Tolrà, 7. Dyego, 8. Lin, 10. Batería, 11. Saad, 13. Wilde, 14. Ferrao, 21. Juan Emilio, 22. Esteban, 28. Paco Sedano
Acceso a Vista Alegre
Vista Alegre abrirá este sábado portas e taquilla ás 15.00 horas. O club burelista puxo á venda un total de 1.200 localidades para presenciar o espectáculo. As entradas de socios poderán adquirirse ata as 16.00 horas; a partir desa hora poderán liberarse no caso de que se necesiten.
Os socios accederán ás instalacións pola Porta 1 e os non socios pola Porta 4.
Sorteo de Acia Burela
Os afeccionados máis madrugadores poderán optar ao sorteo dun vale de compra de Acia Burela; o gañador anunciarase antes do comezo do partido.
Campaña de recollida de xoguetes
Un ano máis a peña A Pataca Naranxa, en colaboración con Cruz Vermella, pon en marcha a campaña de Nadal de recollida de xoguetes. Ata o luns 21 de decembro todas as persoas interesadas poderán depositar as súas doazóns no pavillón Vista Alegre; tamén poderán poñerse en contacto a través do número 607 748 786 para recollida a domicilio.





















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
