Acaba un histórico 2015 para Ainara Rodríguez. Cos seus 12 anos recén cumpridos, esta atleta de categoría infantil das Escolas Deportivas Lourenzá deslumbrou este ano vencendo en 21 probas populares e máis de 7 probas federadas cando está a piques de rematar o 2015. E este número podería aumentar porque lle quedan un par de probas no calendario (Figueras, San Silvestre Ribadeo….).
Cando dicimos en moitas ocasións que Ainara gaña a súa enésima carreira, non nos quedamos curtos. Todo un exemplo de afán de superación diaria, de sacrificio, de esforzo, de compañeirismo…
CURRÍCULUM DEPORTIVO 2015.-
XANEIRO:
Carreira popular de Reis (Barreiros)” Homenaje al Ché” ( 1ª) .
Primeira e Segunda preparatoria campo a través ( 1ª) .
Comarcal campo a través Lourenzá ( 2ª) .
FEBREIRO:
Campeonato galego de pista cuberta en Riazor 500m.l. ( 1ª) .
MARZO:
Corre con Nós Lugo ( 1ª) .
Campeonato galego de campo a través en Orense ( 3ª) .
ABRIL:
Carreira popular Monforte de Lemos (1ª) .
I carreira popular Festa da auga augardente de Portomarín (1ª).
Carreira popular “ As Poleas “ de Tapia de Casariego ( 1ª) .
Campeonato galego de milla en ruta Sada ( 1ª)
MAIO:
Carreira popular Castroverde (1ª).
Carreira popular Bóveda ( 1ª) .
Carreira popular “Marzo saúde “ ( 1ª) .
Campeonato provincial de atletismo : 500m.l. ( 1ª). 80 m.l. ( 2ª) .
XUÑO:
Carreira popular “ Guitiriz Termal “ ( 1ª) .
Carreira popular Valdepares Asturias ( 1ª)
XULLO:
Carreira popular Medal – Asturias ( 1ª) .
AGOSTO:
Carreira contra o cancro “Fundación S. Ibarra” Figueras-Castropol- (1ª)
Carreira popular “San Ramón“ Villalba ( 1ª) .
Popular RUN FOZ RUN ( 1ª) .
Popular “Volta a Piantón“ Vegadeo ( 1ª) .
SETEMBRO:
Carreira popular A CARIDAD ( 1ª) .
OUTUBRO:
Carreira Popular “VI Val das Fabas 2015“ de Lourenzá ( 1ª) .
Carreira popular O CORGO ( 1ª) .
NOVEMBRO:
Carreira de loita contra o cancro “Corre por Ferrol “ ( 1ª) .
VIESGO NIGHT RACE Lugo (1ª) .
Liga federada Ferrol : 500m.l. (2ª) 80 m.l. ( 1ª) .
“Trofeo Cidade de Narón “ : 3000m.l. ( 1ª) 80m.l. ( 1ª)
DECEMBRO:
Carreira “Ayuda humanitaria al Sáhara“ Valdepares ( 1ª) .





















Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
