O pentatleta internacional viveirense Cristóbal Rodríguez foi seleccionado para os Opens de Portugal e de Francia unha vez que a dirección técnica da Federación Española de Pentatlon Moderno dese este luns a lista definitiva dos convocados.
O pentatleta e triplo medallista continental, recibía a noticia no Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra onde despois recibiía a chamada do Director Técnico Nacional Manuel Montesinos, poucas horas despois de que o multideportista de Viveiro se clasificara nunha toma do tempos do Club Natación Galaico para o Campionato Galego Absoluto en tres distancias distintas e en tan só escasos 15 minutos de intervalo nos 50 Libres, os 100 e os 200 libres en devanditas distancias. Así, o 29 de decembro representará ao seu Club de sempre, o Natación Xove, no Campionato Galego Absoluto, polo que a súa adestradora desde cativo, Leticia González do Xove se mostraba encantada de poder volver contar co seu pupilo nunha cita importante para o club.
Rodríguez, que esta tempada adestra ás ordes de Omar González, que actúa tamén de coordinador das cinco dispciplinas, está combinando a súa preparación con estadías de concentración do Equipo Nacional no CAR de Barcelona.
Polo momento, o mariñán participará o vindeiro sábado 12 no Open de Portugal que se celebra na localidade de Anadia próxima a Coimbra e o vindeiro 19 en París no Open de Francia. Rodríguez xunto a Aleix Heredia e Luís Shivel permanecerán invariables nas dúas convocatorias na categoría Elite Absoluta.
A intención dos seus técnicos é continuar adestrando con intensidade sen realizar ningún tipo de axuste nin redución de volume para estas primeiras competicións, para no mes de febreiro intentar as clasificacións de Copa do Mundo e Europeos.
Cristóbal Rodríguez é nestes momentos o pentatleta Español con máis internacionalidades – 53 concretamente- e o que máis campionatos de Europa e do Mundo leva disputados.






















A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
