Nova vitoria de Arturo Vigo, vixente campión, coa que consegue ascender ao 6º posto. Seguimos contando cun sólido líder, que con 77 puntos, 19 máis que o segundo clasificado (Sócrates Campo con 58 puntos), fai que camiñe con páso sólido cara o campionato. Se mantén a regularidade amosada ata o momento, vai ser moi difícil que a Rafa se lle escape a vitoria final.
Interesante tamén o cuarto posto de Javier Rodríguez con 51 puntos, cunha traxectoria de menos a máis durante o que vai de liga, conseguindo superar esta semana ao seu irmán Moisés, que perdeu fuelle nestas dúas últimas tiradas.
Liga Sénior Feminina
Nova vitoria de Salomé CArdoso, grazas á que consegue recuperar un punto á segunda clasificada (Belén Meitín), manténdose sólidamente unha semana máis no campionato. Iso sí, estando a tiro de Belén. Esta última está conseguindo abrir brecha con respecto a Salomé Bermúdez, sacándolle 8 puntos, vendo tamén como se lle achega por detrás Carmen Roca.
A falta de 7 tirada para rematar o campionato, semella que temos dous grupos no alto da clasificación: un formado por Salomé Cardoso e Belén Meitín que pelexarían polos dous primeiros postos, e outro formado por Salomé Bermúdez e Carmen Roca que loitaría pola 3ª praza final. Aïnda así queda moito terreo e a clasificación aínda pode dar un xiro.
Liga Sub 16
Algúns dos xogadores desta Liga parece que espertaron e a novidade é que, por terceira semana consecutiva, o sólido líder desta categoría non consigue gañar. Novamente, foi Miguel López quen conseguiu imporse na tirada, relegando a Daniel Alonso á segunda posición.
A vantaxe que aínda ten Daniel antóxasenos importantísima para que poida ser superado nas tiradas restantes. Con todo é sinal de alegría que vaian aparecendo alternativas e que xogadores excelentes coma Miguel vaian medrando e collendo confianza. De feito, esta categoría está pensada para introducir aos nen@s e moz@s neste deporte e preparalos para que no futuro poidan competir nas grandes ligas. Daniel Alonso é evidente que xa está preparado e ten o suficiente nivel neste momento para competir na Liga Sénior. E Miguel López, vai polo mesmo camiño.
A vindeira tirada vai ter lugar no CLUB PALMEIRO (A RIGUEIRA), xa no próximo ano, o sábado 9 de xaneiro de 2016.
|
CAMPIONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE LAGO (5 DECEMBRO 2015) 29 INSCRITOS: 15 NA LIGA SENIOR, 6 NA LIGA SUB 16 E 8 NA LIGA FEMININA |
|||
| CLASIFICACIÓN | NOME | TANTOS |
PUNTOS |
|
LIGA SENIOR |
|||
| PRIMEIRO | ARTURO VIGO CASABELLA |
223 |
12 |
| SEGUNDO | JORDI MEITÍN SERANTES |
212 |
10 |
| TERCEIRO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ |
209 |
8 |
| CUARTO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ |
203 |
7 |
| QUINTO | C. JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA |
202 |
6 |
| SEXTO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ |
198 |
5 |
| SÉTIMO | JOSE VIGO LAGE |
196 |
4 |
| OITAVO | LUIS RANCAÑO BOUSO |
190 |
3 |
| NOVENO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA |
178 |
2 |
| DÉCIMO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ |
169 |
1 |
| MELLOR BOLADA | ARTURO VIGO CASABELLA |
79 |
1 |
|
LIGA SUB 16 |
|||
| PRIMEIRO | MIGUEL LÓPEZ FORMOSO |
172 |
6 |
| SEGUNDO | DANIEL ALONSO LÓPEZ |
171 |
4 |
| TERCEIRO | JULIA LÓPEZ FORMOSO |
117 |
3 |
| CUARTO | JUAN MANUEL FERRO SANTOS |
97 |
2 |
| QUINTO | HUGO PÉREZ MEITÍN |
60 |
1 |
| MELLOR BOLADA | MIGUEL LÓPEZ MEITÍN |
55 |
1 |
|
LIGA FEMININA |
|||
| PRIMEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ |
160 |
6 |
| SEGUNDO | BELÉN MEITÍN ROUCO |
137 |
4 |
| TERCEIRO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ |
113 |
3 |
| CUARTO | CARMEN ROCA CORRAL |
102 |
2 |
| QUINTO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN |
94 |
1 |
| MELLOR BOLADA | BELÉN MEITÍN ROUCO |
45 |
1 |





















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
