12 de decembro de 2015.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou este sábado o potencial dos 20 proxectos que se están formando na aceleradora de emprendemento Vía Lugo para xerar riqueza e emprego en Galicia. Estas iniciativas empresariais atópanse actualmente na fase de Academia do programa de aceleración de Vía Galicia, previa á fase final que reunirá en Vigo a 15 emprendedores escollidos de entre eses 20 proxectos que se forman en Lugo, e outros tantos que o están a facer en Vigo.
“Cada un deles, por si mesmo, xustificaría a decisión que Xunta e Zona Franca tomamos fai uns meses para poñer en marcha Vía Lugo no marco de Vía Galicia, contribuíndo a que esta provincia tivese un ecosistema emprendedor de primeira”, dixo Conde. Os proxectos que se están formando nas instalacións de Vía Lugo abarcan sectores como as TIC, aplicadas a multitude de ámbitos, desde os medios de comunicación ata o fogar ou as citas online; o agroalimentario, a biotecnoloxía, o aeronáutico, o eido social, a medicina, a automoción, ou a madeira.
Todos eles, defendeu Conde durante o encontro, teñen tres cousas en común: son “ideas que apostan pola innovación como razón de ser”; buscan “transformar a realidade ou a vida cotiá dos lucenses e os galegos, para mellor”; e teñen un gran potencial para xerar riqueza e emprego.
Conde amosouse convencido dese potencial máis alá do éxito de cada unha das iniciativas no acceso á fase final do proceso. E neste senso, augurou que o aporte formativo será clave para que os proxectos empresariais que non pasen á seguinte fase tamén teñan un futuro.
Na derradeira fase en Vigo, eses 15 proxectos recibirán 75.000 euros de capital a través da Axencia Galega de Innovación e XesGalicia, ademais de infraestruturas para poñer en marcha a súa empresa e asesoramento experto para desenvolver o seu plan de negocio e captar financiamento.





















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



