15 de decembro de 2015.- Cristóbal Rodríguez volveu demostrar este fin de semana por que é o mais Internacional de todos os pentatletas españois coa obtención da medalla de Bronce individual no Open de Portugal, o deportista Galego natural de Viveiro chegaba a Anadia, en Coímbra, o Venres tarde tras aterrar tan só unhas horas antes procedente de Barcelona. Graduado en Enxeñeiría, este mozo galego de 24 anos viña de realizar dous exames de posgrao cuxos estudos na Universidade Politécnica de Catalunya ten que compatibilizar cos duros adestramentos que require a alta competición entre o Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra ás ordes de Omar González e o CAR de Barcelona, aínda así el amósase satisfeito e optimista e recorda o que sempre lle inculcaron os seus proxenitores: “sen esforzo non hai nada”.
A competición, que deu comezo o sábado ás nove da mañá, hora de Portugal, iniciábase coa proba de esgrima na cal con tan só un combate de diferenza co portugués Afonso Pegado o deportista de Viveiro obtiña o segundo posto.
A continuación e co tempo axustado para realizar os preparativos necesarios daba comezo a proba de natación en cuxa proba nin o Equipo Nacional de Brasil nin o de Turquia puideron facer nada para evitar que Rodriguez se alzase nesta proba co primeiro posto.
Así as cousas, chegouse á proba combinada que axunta carreira e tiro e que sería a decisiva para o pase da gran final do domingo, o pistoletazo de saída foi ás catro da tarde e desde a primeira secuencia de disparo e carreira a proba cortouse marchando por diante un grupo duns vinte pentatletas de diferentes nacionalidades e en cuxo grupo entrou o pentatleta de Viveiro, no ultimo parcial como o grupo cabeceiro non se rompía Rodríguez lanzou un ataque ao que só responderon Danilo Fagundes, William Muinhos, Felipe Nascimento do Equipo nacional de Brasil e Afonso Pegado con Pedro Valido do Equipo Nacional de Portugal, que conseguiron cortar aos turcos, así as cousas seis pentatletas en grupo e Rodriguez tirando dos mesmos, o cal desfalecieu a falta de trescentos metros, pero que conseguiu entrar terceiro a só doce segundos dos dous brasileiros e pasar á final, por atrás o Español Raúl Blanco tamén lograba o pase á final coa oitava praza.
Medalla de prata para a selección nacional
A final hípica do domingo contaba con Rodríguez na terceira posición e con Raul Blanco na Oitava, e era importantísimo facelo ben para manter a medalla de bronce individual do de Viveiro e optar á medalla de Equipo por seleccións. Unha vez realizado o sorteo, a Rodríguez tocoulle en sorte un mal cabalo, co cal dispuxo por reglamento de vinte minutos para facerse con el, este mesmo cabalo provocara na proba o derrumbamento con outro pentatleta, pero Rodríguez saiu decidido á pista, mais cando todo ía como a seda, e entrado no triple salto o cabalo realizou un rexeitamento, co cal os técnicos daban por perdida a competición, pero a rápida reacción do internacional galego, fixo virar ao cabalo e introducilo de novo logrando o salto penalizando por tempo pero a medalla de bronce estaba salvada, por detras Raúl Blanco, nunha magnifica actuación, colocábase séptimo subindo unha praza e conquistando así ambos deportistas a Medalla de Prata por Equipos Nacionais, sendo o Ouro para Brasil e o Bronce para Portugal quedando Turquía ás portas.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
