Cervo, 17 de decembro de 2015.- O pleno extraordinario da corporación municipal de Cervo celebrado este xoves rexeitou as alegacións presentadas polo PSOE ao presuposto do Concello para o vindeiro ano 2016. O alcalde, Alfonso Villares, destacou que este orzamento aposta polo emprego, polos servizos sociais e polos investimentos.
O rexedor municipal explicou que no pleno deste xoves “houbo que resolver unhas alegacións que formulou o Partido Socialista, que foron a súa resposta ante uns presupostos que aprobamos xa hai máis dun mes nun pleno no que o PSOE estivo calado e non dixo nada deste asunto e agora presentou unhas alegacións o último día. Fixérono por dicir que van facer algo con respecto a estes presupostos e para posicionarse en contra, porque realmente teñen moi poucos motivos. E así xa o expuxemos nós no seu momento cando presentamos estes presupostos, porque falamos duns orzamentos do Concello de Cervo nos que duplicamos os fondos destinados ao emprego e somos pioneiros en moitos plans de formación e de emprego para a nosa xente. Ademais triplicamos o diñeiro que se investiu con respecto a este ano en investimentos, cunha cifra próxima aos 900.000 euros. E a maiores de todo isto soben os partidas que se invisten en educación, en servizos sociais, en cultura e en deporte, cun incremento medio do 30 por cento respecto a este ano. E estas cifras superiores, como xa explicamos no seu momento, son debidas a que nos anteriores presupostos fixemos unha política de amortizar os préstamos que tiña o Concello de Cervo, que xa viñan de hai bastantes anos”.
Alfonso Villares engadiu que “os datos están aí para contrastalos e ante iso hai moi pouco que dicir. Naquel pleno o Partido Socialista non dixo absolutamente nada, como puideron comprobar os que asistiron a esa sesión, e hoxe presentaron uns presupostos nos que din que queren aumentar en moitas cousas, cando nós xa fixemos uns orzamentos que cubren as necesidades e as cuestións polas que aposta o goberno de Cervo nestes anos, que son basicamente o emprego e os servizos sociais, a maiores do investimento”.
O alcalde tamén considera que con este orzamento municipal para 2016 “podemos seguir aumentando as cifras de emprego no noso concello. E tamén é importante recordar que, segundo os datos estatísticos que se publicaron en setembro deste ano, temos unha cifra dun 11 por cento de paro, que está por debaixo doutros concellos, como por exemplo os de Ribadeo, Burela e Viveiro, que teñen unha cifra media dun 15 ou 16 por cento. Pero nós por ese 11 por cento de desempregados vamos seguir traballando e desde o Concello de Cervo puxemos as ferramentas presupostarias necesarias para minorar esa cifra de desemprego. En cambio outros concellos, que están gobernados polo Partido Socialista, non fan nada nese sentido”.



















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



