Burela, 18 de decembro de 2015. Dende o equipo de goberno municipal de Burela “queremos aclarar definitivamente o tema dos teléfonos móbiles porque entendemos que os veciños de Burela merecen saber o que se fai cos seus cartos”. No grupo de goberno consideran que “é bo que esta xente recoñeza publicamente quen ten os móbiles no seu poder e quen lle están a roubar aos veciños de Burela, a partir de agora veremos os pasos que imos dar para que os veciños de Burela non tiren 1.800 euros ao lixo”.
O equipo de goberno sinala que “tanto o señor Llano como o secretario do Concello falaron deste tema co señor Barcia para tratar de que esta situación non chegara a onde chegou, e se fixo un requerimento mediante carta certificada con data de 3 de novembro, dando un prazo dun mes para a devolución dos mesmos, toda vez que non se conseguiu arranxar a situación. Só a señora Durán procedeu á devolución do terminal. Polo tanto que non veñan vendendo fume, posto que temos constancia que este asunto foi falado e tratado polos membros do Partido Popular de Burela polo que reiteramos que isto demostra que o señor Barcia pouco ou nada manda no Partido Popular de Burela que agora mesmo é un barco sen timón de mando”.
O grupo de goberno no Concello burelés subliña que “nós non estamos a reclamar os teléfonos que se mercaron cando entraron no goberno fai catro anos, que tamén os hai, pero entendemos que un móbil de catro anos igual non nos solucionan nada para o funcionamento do Concello. Nós estamos a reclamar uns móbiles que custaron máis de 2.200 euros e que se mercaron sete meses antes de abandonar o goberno”.
Ao equipo de goberno parécelle “unha absoluta tomadura de pelo aos veciños de Burela e demostra a sinvergonzonería e a cara dura desta xente, e demostra claramente a maneira de facer política dos personaxes en cuestión”. E insisten en facer un chamamento “para que devolvan eses terminais e non facernos perder o tempo en reclamar bens públicos que son de todos os veciño e veciñas de Burela. Si realmente lles queda algo de dignidade e decencia teñen unha boa oportunidade de quedar ben cos veciños de Burela devolvendo o que non é deles”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



