Alfoz, 18 de decembro de 2015.- O candidato número dous do PP de Lugo ao Congreso, Jaime de Olano, pediu o voto aos indecisos porque “temos a oportunidade de seguir crecendo e creando emprego, e esa oportunidade, dixo, só se mantén cun goberno do PP”.
“Estou convencido de que, tras esta campaña, tras comparar proxectos e xestión, moitos acabarán metendo a papeleta azul na urna”, engadiu.
O popular explicou que nestes últimos días de campaña se están esforzando por “conectar con todos aqueles votantes aos que aínda non convencemos, intentando dar resposta ás súas principais dúbidas e reticencias á hora de decantar o seu voto polo noso partido”.
“O obxectivo do Partido Popular é recoller dúbidas, presentar feitos e argumentos que axuden aos cidadáns a decidir darnos a súa confianza, depositar no PP o sentido do seu voto”.
No mitin de peche de campaña que tivo lugar en Alfoz, Jaime de Olano dirixiuse a distintos colectivos: aos pensionistas que aínda non decidiron o seu voto para “que recorden que o PP subiulle as pensións todos os anos”; ao máis de un millón de persoas “que atoparon traballo e que están indecisas, para que recorden que esa oportunidade de traballo que atoparon foi grazas ao Goberno de Rajoy”, e aos parados que aínda non teñen claro a quen apoiar, para “que recorden que co PP créase emprego e que co PSOE créase paro”; aos mozos “que atoparon traballo e que están indecisos, xa que grazas ao PP hoxe hai 58.000 mozos menos no paro”, e aos autónomos que non decidiron o seu voto, para “que recorden que o PP puxo máis de 35 medidas para axudarlles” e “hoxe hai 100.000 autónomos máis que na época de Zapatero”.
Balseiro: O único voto útil para A Mariña é o do PP
Ademais, o coordinador de campaña dos populares lucenses, José Manuel Balseiro, pediu que “quen queira que o PP goberne que vote PP, que non vote a outras opcións” porque, segundo advertiu, “ao día seguinte das eleccións van a formalizar un pacto de perdedores para quitarnos do goberno”.
Na mesma liña, asegurou que neste momento se precisa de experiencia, un goberno estable e capacidade de tomar decisións. Queremos que as eleccións as decidan os españois e non os partidos políticos ao día seguinte nos despachos”, advertiu.
“Penso sinceramente que nestas eleccións de 2015 está en xogo que a tarefa destes catro anos continúe e renda aínda máis froitos ou se perda todo o conquistado. Os partidos de esquerda quéreno anular todo e sabemos que se teñen a oportunidade, así o farán”
“Ninguén discute que hoxe España está mellor que fai catro anos: virou economicamente e estamos no camiño claro, evidente, da recuperación.E é verdade que aínda non chegou a todos os sitios. Xa sabemos que temos catro millóns de parados. Pero cando chegamos tiñamos seis. E claro que a economía ten que crecer máis . Pero hoxe España é o país que máis crece da UE. Sabemos que aínda queda moito por facer. Pero se valeron a pena estes catro anos. Non estiveron exentos de esforzos. E por iso pido non interromper o traballo feito”, rematou.

















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



