Viveiro, 18 de decembro de 2015.- Os candidatos do PP na Mariña lucense encabezados polo número dous ao Congreso, Jaime de Olano, participaron este venres en sendos encontros con empresarios e autónomos, en Viveiro e Ribadeo. En ambos estiveron acompañados polo conselleiro de Facenda Valeriano Martínez e polo coordinador de campaña en Lugo, José Manuel Balseiro.
Os populares destacaron que, desde o principio da lexislatura, un dos obxectivos do Goberno foi mellorar a situación dos traballadores autónomos e de feito os datos demostran que foi moi distinta da anterior
“Durante a etapa socialista destruíronse 571.000 vocacións de autónomos, nesta legislatura xa se crearon 129.000 novas vocacións de autónomos” Esta mellora logrouse grazas a diversas medidas como a Lei de Emprendedores, a de Internacionalización, a de Segunda Oportunidade, a de Administración e Facturación Electrónica e outras normas de fomento á contratación como a tarifa plana.
De xeito destacado os populares salientaron a mellora da relación dos autónomos coa Administración, xa que anteriormente había unha alta morosidade, e agora, a través de medidas como o Fondo de Liquidez Autonómico e o Plan de Pago a Proveedores, inxectóuselles liquidez a este sector empresarial
A modo de balance os populares explicaron que o Goberno que lidera Rajoy mellorou o marco regulatorio dos autónomos, estimulou o emprendimiento e a creación de emprego, conseguiu que o sector reestruture as súas débedas, reduciu a morosidad pública e reduciu a súa carga fiscal
Claves na recuperación
Os populares destacaron o papel clave que xogan os autónomos na recuperación da economía e dos datos de ocupación. Incidiron así mesmo, na importancia de identificar iniciativas tanto no eido da incentivación da contratación como no da formación que permitan mellorar os datos de emprego e a calidade do mesmo, dando resposta ás necesidades do tecido empresarial.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



