Ribadeo, 28 de decembro de 2015. A pista de xeo natural instalada no parque de San Francisco está sendo, segundo o alcalde, Fernando Suárez, “unha auténtica revelación na comarca da Mariña e no Occidente asturiano”. Ás instalacións, abertas ata o 10 de xaneiro todos os días, acoden unhas 250 persoas ao día e, segundo avanzan as xornadas, medra o número de entradas bonificadas por compras de máis 20 euros no comercio local asociado a Acisa.
O rexedor declarou: “penso que se pode denominar como unha auténtica revelación para a Mariña e o Occidente asturiano ter esta pista de xeo natural en Ribadeo, que promovemos dende o Concello coa colaboración da Asociación de Comerciantes. Recibe unha media, porque non podería dicir o día maior ou menor, de 250 persoas ao día nos diferentes horarios, pola mañá de 12 a 14 horas e pola tarde, de 17 a 22 horas, e constitúe un auténtico aliciente para vir a Ribadeo, non só para que os de Ribadeo gocen, senón para que toda a xente que poda vir a Ribadeo, de paso que vén mercar, pasalo ben ou facer outras actividades, mentres poidan os nenos e os non tan nenos gozar desta pista de xeo natural. A xulgar polas cifras é un auténtico acontecemento”.
Suárez Barcia afirmou que a atracción que xera a pista xa se percibe no comercio local, “sobre todo, o que máis nos interesa a nós, é ver que o movemento do comercio tamén se está notando con referencia á pista de xeo. Se ben nos primeiros días era maior o número de entradas normais que se vendían, agora, a medida que vai pasando o tempo, está incrementándose o número de entradas bonificadas, que só pagan tres euros, porque mercan no comercio de Ribadeo. Cunha compra de cando menos 20 euros nun comercio xa teñen dereito a ter unha bonificación do 50%. Polo tanto, queremos seguir animando á xente que aínda non o fixo, que veña a Ribadeo, que merque en Ribadeo, que goce en Ribadeo e, como non, que use a pista de xeo, que estará aberta todos os días ata o día 10 de xaneiro, ata entrado o ano que vén. Así que a pasalo ben e gozar destes días de Nadal en Ribadeo”.






















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



