Burela, 28 de decembro de 2015.- O Concello inviste 6.400 euros na instalación de iluminación led no pavillón Vista Alegre. O concelleiro de Obras e Servizos, Ramiro Fernández, destaca que “deste xeito conseguiremos un aforro enerxético de máis dun 50% e incrementarase a luminosidade da instalación”.
O edil socialista explicou este luns ao mediodía que “dende a Concellería de Obras e Servizos, tal e como xa anunciamos en días anteriores, seguimos a traballar en conseguir aforros en materia enerxética, maiores eficiencias enerxéticas nas instalacións municipais e contribuír dentro das nosa posibilidades a reducir o impacto ambiental diminuíndo a emisión de CO2”.
Ramiro Fernández dixo que “seguindo con esta liña de traballo vimos de iniciar a reposición do alumeado público do pavillón polideportivo Vista Alegre con dous obxectivos fundamentais: primeiro conseguir unha mellor eficiencia enerxética e por outro lado mellorar a iluminación de dita instalación, tendo en conta que ademais a actual iluminación estaba a xerar certas dificultades para as emisións televisivas do noso equipo de fútbol sala ao non contar cunha iluminación homoxénea”.
O concelleiro de Obras e Servizos indicou que “os traballos van consistir na substitución das actuais 24 campanas de haloxenuros de 250 watios de potencia por luminaria de tecnoloxía led de menor potencia e mellor luminosidade, conseguindo un aforro enerxético de máis dun 50% e un incremento da luminosidade de en torno a un 30%”. Fernández Rey subliñou que “segundo o estudo feito pola empresa responsable da colocación da nova iluminación o aforro anual roldaría os 2.500 euros, co que nesta lexislatura xa quedará amortizada esta obra que lle vai a supoñer ao Concello un desembolso duns 6.400 euros, que como dicimos, e tendo en conta os estudios realizados se recuperarán en pouco máis de dous anos dende a colocación da nova luminaria”.
Barco Museo
O tamén concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, e o alcalde, Alfredo Llano, sinalan que “a apertura do barco museo Reina del Carmen no día de hoxe estivo a ter unha moi boa acollida e así agardamos que siga durante as xornadas de mañá e do mércores”.
O rexedor lembrou que “imos telo aberto de 10 a 13 horas mañá, martes, e tamén o mércores para que toda aquela xente que se aproxime a Burela e queira ir cos seus familiares ou dar un paseo ata o barco museo, poida facelo dun xeito totalmente gratuíto”.





















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



