Nota de Prensa
Os populares presentaron en rolda de prensa unha moción que será obxecto de debate nas vindeiras sesións plenarias das Corporacións Municipais da nosa comarca
O PP PROMOVERÁ O REXEITAMENTO EN TODOS OS CONCELLOS DA MARIÑA DA SUBA DE IMPOSTOS QUE PRETENDE IMPOÑER O GOBERNO SOCIALISTA DE ZAPATERO
• Os populares contrapuxeron a obsesión do PSOE por subir os impostos coa política que está a seguir o Goberno de Feijóo que aposta por reducilos para favorecer a reactivación económica e o apoio ás familias.
• Grazas a política de redución de impostos seguida polo novo Goberno da Xunta mozos e familias numerosas da Mariña poderán beneficiarse dun aforro medio de 6.600 euros para a compra dunha vivenda.
• Máis impostos supoñen menos diñeiro para os concellos, o que implicará que se resintan os servizos públicos máis básicos e próximos ao cidadán
A Mariña, 17 de outubro de 2009.- Os Plenos municipais de todos os concellos da nosa comarca terán a oportunidade de amosar o seu rexeitamento ante a suba de impostos que pretende impoñer o Goberno socialista de Zapatero e que atenta dun xeito directo contra as clases medias e os traballadores. A iniciativa xurde a instancia do Partido Popular da Mariña que presentará a través dos distintos grupos municipais unha moción subliñando o negativo desta pretendida suba de impostos, incluída nos orzamentos xerais do Estado para o ano 2010.
A deputada Emma Álvarez Chao, xunto coa senadora María del Carmen Gueimunde e o secretario xeral dos populares lucenses Jose Manuel Balseiro Orol, presentaron en rolda de prensa a devandita moción municipal insistindo na importancia de contar cunha condena, tamén desde as Corporacións locais, ante unha alza impositiva “que ten moito de inxusta, de antisocial e que tan solo provocará máis paro e máis crise”
CONTRASTE
Os populares contrapuxeron a obsesión de Zapatero por subir os impostos coa política que está a seguir o Goberno de Feijóo que aposta por reducilos para favorecer a reactivación económica e o apoio ás familias.
De feito a iniciativa da Xunta, todos os mozos e mozas que teñan mercado a súa vivenda a partir do pasado 1 de xullo, se lles gravará un 4% no imposto sobre transmisións patrimoniais -antes era o 7%- e un 0,3% no de actos xurídicos documentados –antes era un 0,75%-. Isto implica que, segundo as estimacións realizadas polo PP tendo en conta o prezo medio das vivendas na Mariña, o aforro medio será dun 6.600 euros. A medida favorecerá tamén ás familias numerosas.
Ademais os populares quixeron negar un dos argumentos empregados polo PSOE para xustificar a suba de impostos: a necesidade de garantir o investimento en materia social e de benestar. De feito, lembrou que é posible elaborar uns orzamentos austeros e válidos para combater a crise, como os que aprobou a Xunta, garantindo ademais un maior esforzo no gasto social que sube dous puntos por encima do previsto polo anterior Goberno bipartito.
ATAQUE ÁS RENDAS DOS TRABALLADORES
Os populares cuestionan que o PSOE e Zapatero decidan subir os impostos ao consumo agravando así a situación dos máis desfavorecidos. De feito o Imposto sobre o Valor Engadido deben soportalo todas as persoas, con independencia do seu nivel de renda. Págano igual os millonarios que as persoas que viven dun subsidio.
A suba de dous puntos do IVE supón baixar un 2% o soldo dos traballadores, as pensións e as prestacións por desemprego. De feito desde o PP explicaron que os produtos que verán incrementado o seu prezo a modo de exemplo, son: roupa, calzado, electrodomésticos, recibo da luz, factura do teléfono, coches, vivenda, alimentación, hostalería, restaurantes, transporte terrestre… bens de consumo habitual polo tanto presentes na vida diaria da maior parte dos veciños da Mariña lucense
CASTIGANDO O AFORRO
Xunto a iso gravar máis ás rendas de capital supón prexudicar a miles de pequenos aforradores, particularmente aos pensionistas, que ademais do seu pensión contan cunha cartilla. A suba dos impostos á gasolina, ao alcohol e ao tabaco afecta máis a os que teñen rendas máis baixas… en definitiva, a incapacidade do Goberno socialista acaban por soportala os que máis están a sufrir, xa de por si, na súas economias familiares a crise.
Finalmente explicaron que esta subida fiscal suporá que cada veciño desta comarca desembolsará 487€ de media ao ano –segundo as estimacións realizada polo Ministerio de Facenda- para facer fronte a esta suba. É decir, aqueles sectores da poboación como os mileuristas terán que reservar a metade dun dos seus salarios mensuais para facer fronte á subida de impostos anunciada polo Goberno.
MAL POLOS CONCELLOS
Desde o Partido Popular, empregaron un último argumento para xustificar a implicación dos concellos neste asunto xa que, de manterse as previsións orzamentarias do Goberno, o financiamento local caerá en 2010 un 17,8% o que supón unha perda de 3.081 millóns de euros respecto do 2009. Ata tal punto a situación preocupa que a propia Federación Española de Municipios e Provincias acaba de aprobar unha moción dirixida ao Goberno en demanda dunha negociación de medidas puntuais para ser incluídas nos PXE de 2010 en apoio da estabilidade económica dos concellos.
Sen lugar a dúbidas a prestación dos servizos básicos por parte dos municipios, que son as administracións máis próximas ao cidadán, sufrirán debido a esta redución de achegas por parte do Goberno central. Os concellos, como as familias con rendas medias e baixas, taménpagarán a errada política de Zapatero.


















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



