Os cruceiros son un dos temas máis atractivos da nosa arte, signo e símbolo, obxecto de devoción, fito consubstancial da paisaxe tradicional galega, a figura da cruz alzada nunha encrucillada dunha parroquia rural é, se cadra, co hórreo, a imaxe máis típica da nosa paisaxe. Hainos rústicos , populares,anónimos, e hainos ricos, requintados,de autor. Hainos humildes case agachados nun recanto discreto, e hainos soberbios, centrando e organizando ó seu redor o espazo público de encontro e relación social. A súa variedade é tan ampla coma o seu número arredor de dez mil, Castelao dixo que onde hai un cruceiro houbo sempre un pecado, todos aínda os máis humildes e sinxelos das cruces,teñen a súa historia quizais agora esquecida pero que escoitaron os devanceiros dos beizos dos seus avós, nas noites pechas de inverno logo de rematar de rezar o rosario.
A relixiosidade de hoxe en pouco semella a dos devanceiros que sentían un enorme respecto por estes monumentos, tratándoos mesmo de santos. A inauguración dun novo constituía todo un acontecemento non só para os veciños do lugar, senón tamén para os das parroquias derredor.
Un cruceiro completo está formado por varias pezas que os vellos santeiros encaixaban maxistralmente unhas nas outras de xeito que o vento non fose capaz de derrubalo, nin tampouco unha persoa si se agarrase a el, está composto de cinco pezas: baseamento, pedestal, columna, capitel e cruz.
A orixe, todas cantas hipótese se levan exposto ata agora, ningunha acaba de convencer de todo. Agás algún caso illado e moi discutido, o comezo da difusión dos cruceiros ten lugar na baixa idade media, en particular a partir da segunda metade , do século XIV, como nos conta no seu libro os cruceiros o profesor Clodio González Pérez con un moi bo traballo bibliográfico. O máis antigo de cantos se conservan actualmente é o de Melide do século XIV, pero só a cruz, tratase dun exemplar único.
Da mesma época e o de Ribeiras do Sor (Mañón), o do claustro da catedral de Mondoñedo, de finais do século XV, quizais sexa un dos máis antigos de cantos se conservan na provincia de Lugo.
As persoas que se dedicaban a esculpir cruceiros recibían o nome de santeiros, esta denominación case se pode dar por perdida agora adoitase empregar o de escultor.
A comarca da Mariña non destaca polo numero destes monumentos, pero si a veciña Terra Cha cun bo numero algúns en perfecto estado de conservación.

















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



