Foz, 4 de xaneiro de 2016. Este venres, 8 de xaneiro, da comezo unha nova edición do Campañazo que organiza ACIA/CCA de Foz e na que participan 64 firmas comerciais asociadas. Desde a directiva do CCA o seu presidente, José Carlos Paleo, lembra que “o sorteo, que da comezo ás once da noite, hai que seguilo nalgún dos 20 locais hostaleiros que participan con nós nesta consolidada cita e hai que apurarse a chamar a Radio Foz si alguén canta cartón. O primeiro levará 300 euros e teremos outros 300 euros para repartir entre o resto dos cartóns premiados”.
O Campañazo terá lugar os días 8, 15, 22 e 29 de xaneiro. Cada noite poranse en xogo 600 euros, o que fai un total de 2.400 euros en vales de compra para gastar nos locais asociados ao Centro Comercial Aberto focense.
Os comercios que participan no Campañazo de xaneiro de 2016 son: 100 P’S Zapatería y Complementos, Óptica Alain Afflelou, Asesoría Marcos Fernández, Bombonería Pastelería Amarena, Carnicería Mercedes, Carola Moda, Casa Moreda, Catorce Cero Catro Sneaker Shop, Cenor Belianorte, Centro Dietético Alba Vila, Centro Óptico Eliseo, Construcciones y Canalizaciones José SAA, Decoraciones Pura, Din Don, Don Zapato, Electricidad Núñez, Electrodomésticos Celso, Estación de Servicio de Foz, Estanco nº 2, Farmacia Mª Antonia Ulloa, Farmacia Fátima Saa, Ferretería Fuente, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola Outlet, Kukadas, La Flor Abulense, Lencería Esther, Librería Bahía, Longarela Moda Hombre y Mujer, Lourdes Moda Íntima, Maphre, María Docampo, MRW, Ofifoz, Parafarmacia Foz, Pastelería Cafetería Anduriña, Peluquería Ramoné, Pescadería Os Coyotes, Salai Campo, Sensación Surf Escola, Suministros Veipa, Vagaluz e Viajes Rodríguez.
E os locais hostaleiros son: A Bolera, A Viela, Acuario, As Brasas, Express, Happy Days, Costumes do Mar, Dandy, Xoyma, May Ros, Casa Maño, Portovello, Fraggle Rock, Marexada, O Náutico, pizzería Xoiña, A Soalta, Fina, Tangarte Mariñeiro e Tangarte Mesón.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



